PDI. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.

PDI_6ep

ODS 13 : ACCIÓN POLO CLIMA
O grupo de 6º de Educación Primaria traballou o ODS 13 Acción polo clima, que busca tomar medidas urxentes para combater o cambio climático e establecer unha resposta global para fortalecer a capacidade de adaptación e a resiliencia das distintas comunidades en relación cos riscos climáticos.
Despois da concienciación sobre a conservación dos ecosistemas realizada o ano anterior, este curso os alumnos e alumnas de sexto deron un paso máis alá e investigaron e puxeron en marcha algunhas das prácticas máis recomendables relacionadas coa agricultura sostible como modo de conservación e fomento da biodiversidade do planeta.

Desastres.

Doc.1

Doc.2

Doc.3

Doc.4
Agricultura rexenerativa
O inicio da nosa viaxe comezou coa documentación sobre o tema a través dos libros seleccionados da nosa Biblioteca e dos medios tecnolóxicos: especialmente coa visualización dos vídeos de “Javier Peña/Hope, en pie por el planeta”, sobre todo o que nos abriu o camiño foi: “Agricultura Rexenerativa: o futuro?” . Deste xeito,  o alumnado descubriu que había que empezar por “facelo todo ao revés”: deixar de cavar a terra, permitir a aparición de insectos, usar compostaxe vexetal, esmagar as plantas do ano anterior, usar a rotación de cultivos como control de pragas...
Así que comezamos por informarnos de cales eran as bases deste tipo de agricultura rexenerativa e das experiencias que se levaban a cabo na nosa terra. O alumnado, en parellas, fixo varias presentacións sobre os tres aspectos do noso proxecto: a compostaxe, o hotel de insectos e a agricultura rexenerativa e expuxéronas diante do grupo clase.

Documentos.

Agricultura rexenerativa.

Agricultura_rexenerativa

Agricultura rexenerativa no noso horto: a compostaxe.
Unha vez que soubemos a teoría o seguinte paso foi levalo á práctica. Decidimos que o primeiro paso para aplicar a agricultura rexenerativa no noso horto sería preparar a terra para facer compostaxe na mesma.
 Aproveitamos o outono  e o inverno para machucar as plantas que quedaran na horta o curso anterior, cubrímola con cartóns (sen tinta) que había no centro, recollemos as follas e paus do patio e tapamos todo. Deste xeito puidemos comezar a facer compostaxe antes mesmo de contar cun composteiro.
As catástrofes marítimas: un alto no camiño
O 8 de decembro de 2023, o Toconao, un buque de carga perdeu seis colectores, polo menos un con pellets de plástico, a 80 quilómetros da costa de Viana do Castelo (Portugal). En poucos días espalláronse polas costas galegas, asturianas, cántabras e mesmo polas de Euskadi. Esta nova obrigounos a que parásemos a analizar algunhas das múltiples catástrofes marítimas que houbo fronte as nosas costas galegas nos últimos 50 anos.
Foi así como aprendemos nomes tan estraños como: Urquiola, Casón, Prestige... comprobamos como a historia se repite unha e outra vez e o final sempre é o mesmo: múltiples vítimas mortais e miles de quilómetros de natureza afectados.
Pero para os nenos e nenas de sexto foi un paso máis na concienciación sobre a importancia de conservar os ecosistemas e de loitar polo clima.

Documentos.

Agricultura rexenerativa. A compostaxe.

CompostaxeProxecto de construción: un hotel de insectos!
Desde principio de curso o soño dos nenos e nenas de sexto foi a construción dun hotel de insectos á beira da horta escolar. A fase de documentación serviulles para coñecer as múltiples vantaxes que tería a súa edificación: aumento da biodiversidade da zona, aumento da polinización nos arredores, control de pragas sobre as hortalizas plantadas...
Unha vez que tiveron claros os beneficios, buscaron cales serían os materiais que precisarían para acometer a súa obra e, despois de elaborar carteis para os diferentes niveis escolares, decidiron pedirlle axuda a toda a comunidade educativa. Temos que darlle grazas a todos por colaborar, pero especialmente aos máis cativos do centro que foron ata o de agora os que máis achegas fixeron ao noso soño.
Estamos pendentes de pintar as “paredes” e de preparar os “cuartos”para os nosos bichiños. Coma sempre buscaremos que todos os nenos do colexio nos axuden na fase final do noso proxecto. Non nos esqueceremos de facer o concurso para elixir o mellor nome para o noso hotel. Animádevos a participar!  Non só será divertido, senón que lograremos un cambio real a favor do clima no noso entorno. Que máis se pode pedir!

Documentos.

Hotel de insectos

Doc.1

Doc.2

Hotel_insectos

HORA DE PLANTAR NA NOSA HORTA!
Antes de poder plantar, acondicionamos a horta:  afondamos os bancais para que tivesen maior profundidade e cubrímolos con terra nova, aclimatamos os arredores con malla anti-herbas e, por último, aproveitando que estabamos a traballar as medidas de superficie, medimos a área coa que contabamos para cultivar.
Este ano decidimos “reutilizar”  para axudar a nosa economía e a ao medio ambiente, así que, seguindo co espírito da agricultura rexenerativa, aproveitamos as sementes e plantas do ano anterior e transplantámolas cando a choiva desta primavera nolo permitiu. Agora toca coidalas e ver como medran!

Galeria

AdxuntoTamaño
Agricultura Rexenerativa.pdf545.83 KB
hotel de insectos.pdf451.03 KB
traballo da compostaxe al completo 100.pdf670.03 KB
3.Hugo_.catastrofe.pdf187.8 KB
Desastre do Urquiola.pdf989.65 KB
DESASTREDOSPELLETS2023.pdf445.94 KB
Presentación sin título.pdf427.96 KB
11.mateo_.hotelinsectos.pdf151.37 KB
HOTELDEINSECTO.pdf719.65 KB