Hora de ler en 4º de Ed. Primaria

No curso escolar 2023/2024, a hora de ler, no 4º curso de Primaria , realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:20 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura.

A configuración da hora de ler estivo deseñada polo titor D. José Antonio Regal Vázquez ( sesións de luns, xoves e venres ) e a profesora de P. T. do centro , Dna. Patricia Ramírez  Mancebo ( sesións de martes e mércores).

Obxectivos:

  • Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora).
  • Afianzar valores (amizade, verdade, respecto, empatía,...) .
  • Favorecer a expresión plástica.
  • Coñecer algo sobre os distintos tipos de texto.
  • Coñecer e aceptar a propia identidade.
  • Valorar a amizade e o compañeirismo.
  • Ampliar o vocabulario a través dos contos.
  • Actuar con autonomía na  vida cotiá e nas relación de grupo.

Actividades.

  • Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
  • Dramatizar algún episodio do conto.
  • Colorear debuxos do conto.
  • Escoitar o conto.
  • Participación no CONCURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA que tiveron lugar ao remate da lectura de cada un dos libros elixidos a tal efecto.

Temporalización.


Na hora de ler, que se realizou todos os días , utilizáronse os seguintes libros:

  • 1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

    RITA E OS LADRÓNS DE TUMBAS de Mikel  Valverde. O libro cativou aos nenos e ás nenas participantes do club de lectura, e agora buscan estender o seu entusiasmo  a toda a comunidade escolar. A obra, escrita  por Mikel Valverde, transporta aos lectores a unha emocionante aventura chea de misterios, amizade e valentía.
  • 2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

    MIÑA AMIGA INVISIBLE  de Eduardo Santiago.
    Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto de bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece ou non parece o que é. O veciño máis próximo é un apicultor rabudo que, no canto de criar abellas, semella poñer trampas para apreixar fadas. A nova escola tampouco é como esperaba, tendo que soportar o acoso e as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto (e por ser máis intelixente que todos eles). Coa inesperada aparición dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu camiño.
  • 3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
    UNA BOLSA DE PATATAS FRITAS  EN LA POLINESIA  de Jordi Sierra i Fabra.
    Shiya vive tranquilamente en Takuu, unha pequena illa da Polinesia, ata que a subida das augas por mor do cambio climático ameaza con facer desaparecer a illa. Shiya atopa na agua unha bolsa de patacas fritidas que vén de moi lonxe. Xunto co seu amigo o gran paxaro de as vermellas viaxará ata a fábrica de patacas tratando de descubrir a orixe da bolsa... Unha historia sobre as consecuencias que teñen os nosos actos, por insignificantes que podan parecer nun principio.

Ademais dos libros mencionados , que serviron como base para os distintos CONCURSOS DE ANIMACIÓN Á LECTURA, traballamos con diferentes textos como CONTOS,  LENDAS,FÁBULAS , CREACIÓN DE POESÍAS e achegámonos ao mundo do CÓMIC, realizando cada alumna e alumno as súas  propias viñetas.