O luns 15 de abril de 2024 dúas técnicas, Belén e Marisol, ambas funcionarias da Axencia Tributaria do Ministerio de Facenda visitaron o noso centro para explicarlle ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 5º de Educación Primaria a importancia dos impostos para ter una sociedade máis xusta.
Nesta sesión traballouse o seguinte:
1 Obxectivos
- Identificar os distintos bens e servizos públicos.
- Interiorizar as actitudes de respecto polo que é público e, por tanto, financiado co esforzo de todos e utilizado en beneficio común.
- Coñecer que existe unha correlación entre o gasto e o ingreso público (o Orzamento público).
2 Contidos
- 2.1 Os ingresos públicos: os impostos
- 2.2 Os gastos públicos
- 2.2.1 Distribución funcional do gasto público
- 2.2.2 Función redistributiva do gasto público 2.3 O orzamento público.
Documentación usada na presentación.
PP
Pdf