O libro A pequena compaña, é unha obra teatral, escrita por Carlos labraña Barrero e editado por Edicións Embora. O libro traballouse durante o mes de maio e xuño.
A pequena compaña conta a historia de como ao anoitecer, o mundo dos vivos vaise achegando ao dos defundos, e as ánimas que aínda non atoparon acougo roldan perdidas polos camiños. Xoaniña, Soldadiño, Pedichón e Medusquiñas, que viven gorecidos nunha casa rexentada por unha misteriosa anciá, nunca escoitaran esta historia. Todos Isto cambia coa chegada de dúas personaxes que os obrigarán a fuxir, emprendendo unha viaxe emocionante por unha terra poboada de seres mitolóxicos. Así, xuntos, nunha Pequena Compaña, os rapaces tentarán chegar sans e salvos ás marabillosas Illas do Alén.
Actividade 1: Lectura
- Lectura colectiva en voz alta.
Actividade 2: Análise das personaxes
- A presentación das 16 personaxes. Medusquiñas, Pedichón, Soldadiño, Avoa, Xigantón, Xoaniña, O cociñeiro marrán, Chuchona, Papón, Trasniño, O Can cérbero, Espectador, A coca de redondela, Rocha 1, Rocha 2, Os teixos ascentrais e O barqueiro do Alén.
Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
- O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións e o estilo teatral.
Actividade 4: Ilustración
- O alumado realizaron debuxos das personaxes en diferentes situación e con diferentes calidades, o que nos permitiu afondar nos contidos relacionados cos adxectivos. Unha vez rematado dito traballo cada un dos alumnos/as realizou en A3 escenas da obra A pequena compaña, o que nos permitiu converter a obra de teatro nun conto que nos permitiu amosar e contar ao resto do alumnado co noso Kamishibai.
Actividade 5: Conclusión/valores
- Despois da presentación da obra de teatro aos nenos máis pequenos fixemos a nosa valoración para saber se lles gustou ou non o noso traballo.