Neste curso 2022/2023, o P.D.I. continuámolo co coidado do medio ambiente e , polo tanto, traballamos diversas áreas para favorecer un mellor estado do noso planeta. A temática neste curso para os alumnos de 4º curso centrouse no ODS 15: VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES. Unha tarea amplia e imprescindible para o equilibrio do planeta. Algúns dos retos que nos marca este obxectivo son a xestión sostible dos bosques, a loita contra a desertificación, invertir a degradación das terras e deter a pérdida de biodiversidade. Só a protección á natureza pode garantir a protección da humanidade. Debemos contribuir a ter un planeta máis san e máis verde.
O grupo de 4º de Educación Primaria centrouse polo tanto en coñecer diferentes accións que nos permitan mellorar o noso medio ambiente e realizamos varias actividades entre as que se encontran:
Continuamos co proxecto das 3 RRR, pero este ano engadimos minimizar o uso do papel nas nosas vidas. Reutilizamos todo o papel que podemos dentro da aula e estudiamos e buscamos todas as siglas de recursos sostibles (FSC, PET,HDPE, anillo de Möbius...)
Temas traballados na asignatura de CCSS:
Temas traballados na asignatura de CCNN:
Libro da hora de ler durante o curso escolar 2022/2023:
Vídeos didácticos:
Visitas didácticas:
Obradoiros e experimentos na clase.
Textos e poesías sobre a natureza.
Temporalización:
Durante todo o curso en diferentes asignaturas.
Metodoloxía:
Traballamos a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno sexa capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiámonos na maioría das actividades de soporte escrito, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral e axustándonos ás características do alumnado.
Contribución ás competencias básicas e transversais e competencias claves da unión europea:
O desenvolvemento desta unidade contribuiu ao desenvolvemento do conxunto das competencias básicas e competencias claves definidas no marco normativo, en especial á Competencias sociais e cívicas, xa que os diferentes coñecementos que desenvolveremos e a aplicación dos mesmos por parte dos alumnos na súa vida diaria, dótaos das estratexias necesarias para unha mellora da convivencia cos demais e con iso un mellor desenvolvemento social e persoal nos diferentes aspectos da súa vida.
Obxectivos xerais:
Contidos: