A vida dos ecosistemas terrestres

Neste curso 2022/2023, o P.D.I. continuámolo  co coidado do medio ambiente e , polo tanto, traballamos diversas áreas para favorecer un mellor estado do noso planeta. A temática neste curso para os alumnos de 4º curso  centrouse no ODS 15: VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES. Unha tarea amplia e imprescindible para o equilibrio do planeta. Algúns dos retos que nos marca este obxectivo son a xestión sostible dos bosques, a loita  contra a desertificación, invertir a degradación das terras e deter a pérdida de biodiversidade. Só a protección á natureza pode garantir a protección da humanidade. Debemos contribuir a ter un planeta máis san e máis  verde.

O grupo de 4º de Educación Primaria centrouse polo tanto en coñecer diferentes accións que nos permitan mellorar o noso medio ambiente e realizamos varias actividades entre as que se encontran:

Continuamos co proxecto das 3 RRR, pero este ano engadimos minimizar o uso do papel nas nosas vidas. Reutilizamos todo o papel que podemos dentro da aula e estudiamos e buscamos todas as siglas de recursos sostibles (FSC, PET,HDPE, anillo de Möbius...)

Temas traballados na asignatura de CCSS:

  • T2: A auga e as rochas (a hidrosfera e a xeosfera). O Relevo.
  • T3: Relevo, ríos e paisaxes de España. Tipos de solo, conservación do medio ambiente, recursos naturais e problemas.

Temas traballados na asignatura de CCNN:

  • T1: As plantas: uns seres vivos esenciais.
  • T2: Os reinos dos ecosistemas.

Libro da hora de ler durante o curso escolar 2022/2023:

  • PELIGRO VEGETAL. Ramón Caride.

Vídeos didácticos:

  • CUIDAMOS LA TIERRA, EL SUELO, LOS ECOSISTEMAS....de Happy Learning
  • MUNDO SOSTENIBLE de Elesapiens
  • HORTO ESCOLAR: Aplicación práctica: o traballo dos hortos escolares é un elemento clave para explicar a sostenibilidade e coidado do medio ambiente.

Visitas didácticas:

  • Visitamos a sobreira centenaria que está detrás do colexio.

Obradoiros e experimentos na clase.
Textos e poesías sobre a natureza.
Temporalización:
Durante todo o curso en diferentes asignaturas.

Metodoloxía:

Traballamos a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno sexa capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiámonos na maioría das actividades de soporte escrito, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral e axustándonos ás características do alumnado.

Contribución ás competencias básicas e transversais e competencias claves da unión europea:

O desenvolvemento desta unidade contribuiu ao desenvolvemento do conxunto das competencias básicas e competencias claves definidas no marco normativo, en especial á Competencias sociais e cívicas, xa que os diferentes coñecementos que desenvolveremos e a aplicación dos mesmos por parte dos alumnos na súa vida diaria, dótaos das estratexias necesarias para unha mellora da convivencia cos demais e con iso un mellor desenvolvemento social e persoal nos diferentes aspectos da súa vida.

Obxectivos xerais:

  • Percibir o medio natural como un todo onde cada elemento é importante e relaciónase co resto de compoñentes.
  • Fomentar hábitos respectuosos co medio ambiente.
  • Conservar o medio ambiente e a biodiversidade.
  • Obxectivos específicos:
  • Coñecer o ecosistema que nos rodea.
  • Tomar conciencia da necesidade e coidado do noso entorno.
  • Reflexionar sobre como podemos reducir o impacto negativo do noso consumo.
  • Tomar conciencia da escaseza de recursos naturais.
  • Identificar forma de aforro de recursos
  • Comprender como podemos protexer a natureza.
  • Realizar unha acción de coidado do medio ambiente que podamos compartir co resto da contorna educativa e comunitaria.
  • Recoñecer a importancia de protexer os recursos no planeta que habitamos.
  • Comprender as consecuencias que ten a explotación excesiva dos recursos naturais no medio ambiente.
  • Promover a nosa capacidade como defensoras e defensores do medio ambiente.
  • Desenvolver unha posición crítica e participativa con respecto ao noso modelo de consumo, a relación coa natureza e a utilización sostible dos recursos naturais.
  • Promover accións de mobilización e incidencia polo coidado do medio ambiente nas nosas contornas educativas e comunitarias.

Contidos:

  • Diferentes tipos de ecosistemas
  • Os elementos da natureza.
  • O medio ambiente: coidado, explotación, biodiversidade,..
  • O modelo de consumo responsable.