O Clube de lectura de 6º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como primeiro libro “Siete reporteros y un periódico” de Pilar Lozano Carballo da editorial SM.
O libro foi traballado na última semana do mes de setembro e nas dúas primeiras do mes de outubro. Sete reporteiros e un xornal conta a historia de Alejandro que quere ser director dun xornal. O primeiro dos problemas que se atopa Alejandro é que non ten reporteiros, nin diñeiro, nin a menor idea de como se redacta un artigo. Alejandro decide por un anuncio no patio do colexio: ‘‘Director de xornal busca xornalistas...’‘ e pronto chegan as primeiras fichaxes: unha nena que só se preocupa polas chuches, un tailandés que foi adoptado hai pouco tempo e case non coñece o idioma, un mozo de nivel social máis baixo... Con todo, os sete mozos loitan polo que cren e conseguen co seu xornal acabar co proxecto de venda que tiña entre mans o padroado do colexio.
Actividade 1: Lectura
Lectura colectiva en voz alta.
Actividade 2: Análise das personaxes
A presentación das personaxes protagonistas e os comentarios que suscitou a súa chegada deu pé para traballar os prexuízos: entenderon perfectamente que as primeiras impresión son importantes, pero non definitivas e que, a maior parte das veces, as cousas non son o que parecen.
Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións.
Actividade 4: Ilustración
O alumado realizaron debuxos das personaxes en diferentes situación e con diferentes calidades, o que nos permitiu afondar nos contidos relacionados cos adxectivo.
Actividade 5: Conclusión/valores
Despois da lectura fixemos un mapa conceptual sobre os valores que se poden extraer da historia.
Material de traballo