Este curso, no mes de setembro, melloramos as instalacións da biblioteca coa dotación dun novo chan de tarima que a fai moito máis acolledora, despois da pintura que lle demos no curso pasado.
Asemade, aproveitamos a ocasión para reestruturar dun xeito máis funcional os recantos dos que consta: informática, inclusiva, lecer, fondos grupo 8 da CDU, zona de xestión...
Na seguinte galería de imaxes podemos observar como está actualmente.
Esperamos que vos guste!!