O PDI que traballou conxuntamente o centro leva o nome de “Laboratorio Sueiro, campaña de vacinación: contra a COVID... emoción”. A partires desta idea xeral, no 4º curso de E.P. traballamos ao longo do curso as emocións que sentimos dependendo do momento e espazo no que nos atopemos. Fixemos uso dos xogos de rol para poñernos no lugar doutras persoas, dos animais... e recollemos todas esas emocións no que chamamos “O bingo xiringa”.
Obxectivos:
- Mostrar as nosas emocións.
- Saber poñerse no lugar dos demais.
- Fomentar o respecto e a valoración das persoas.
Actividades:
- Elaboramosdun emocionómetro para controlar as emocións.
- Debate: que sentes cando estás no colexio? E na casa? E durante o confinamento que nos tocou vivir este ano?
- Xogo de rol: poñerse no lugar doutras persoas, empatía (enfermos, médicos,...).
- Visionamos curtas e posterior debate sobre as emocións que transmiten.
- Odiovirus: creación dun virus que ocasiona violencia e odio. Buscar os compoñentes que axudan a combatelo. Creación da vacina amistidina para derrotar ao odiovirus.
- Deseño do noso “bingo xiringa” e dos emojis das emocións. Todas as emocións irán nun soporte con forma de gota (debido a que caerán pola xiringa) e identificadas cun emoji diferente. Tamén deseñaremos os boletos do bingo coas diferentes emocións.