Ao longo deste curso o alumnado de Ed. Infantil traballou a coeducación e a igualdade de xénero a través do conto "Rosa caramelo" no cal a elefanta Margarita reivindica a igualdade de xénero para os nenos e nenas.
Partimos da lectura adaptada do libro para as distintas idades do grupo de clase, pois na mesma aula están escolarizados nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto de Educación Infantil. Das actividades realizadas, destacamos as seguintes:
- Coñeceron as súas personaxes , describíronas e os maiores axudaron aos máis pequenos, tanto para contar o conto, como para describir as distintas personaxes.
- Debuxaron as personaxes principais, os de cuarto de educación infantil pintáronos e a medida que avanzou o curso, tamén as debuxaron.
- Os nenos e nenas de sexto de infantil fixeron un puzzle sobre o conto e axudaron aos máis pequenos a unir as pezas.
- Mesturaron con pintura de dedos para conseguir o rosa e o gris, que son as cores das personaxes do conto.
- Rotular o lema do noso conto “Todos somos diferentes pero non desiguais”
- Facer un debuxo para acompañar o lema e poñelo no mural do Colexio.
- Utilizamos tamén libros da colección “ZOO” para coñecer un pouco a da vida e hábitat doutros animais salvaxes.
- Proxectamos na aula imaxes de animais salvaxes, o medio onde vivían , e coñecemos algunhas das súas características.
- Debuxáronos e pintáronos.