O 22 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria presenciou no Auditorio provincial o espectáculo musical A Bela e a Besta, completamente en galego, que representaron de forma maxistral os alumnos e alumnas do IES Taboada Chivite de Verín, e que previamente prepararon ao longo de dous anos.
"A Bela e a Besta" é unha adaptación en imaxe real do clásico de Disney "A Bela e a Besta", que conta a historia de Bela, unha moza brillante e enérxica, que soña con aventuras e un mundo que se estende máis aló dous confíns do seu pobo en Francia.