Como estaba programado, suxerimos e planificamos as actividades que tiñamos recollidas no proxecto inicial na súa meirande parte. En ditas actividades houbo moi boa resposta, acadando os obxectivos propostos, cun grao de cumprimento satisfactorio.
En definitiva acadamos en gran medida os obxectivos que nos propuxemos ao inicio do curso, e as actividades que propuxemos tiveron unha gran resposta por parte de todos.
A hora de ler realizouse todos os días, durante os vinte minutos posteriores ao recreo.
Dedícanse á lectura en todas as aulas. Trátase dunha actividade regrada e recollida no horario escolar na que participa todo o alumnado e profesorado do centro.
A miña hora de ler é con 3º de Educación Primaria, os martes e mércores de 12 a 12’20h.
Neste curso, levamos a cabo diversas actividades de animación á lectura na aula de terceiro de Primaria.
Neste curso traballamos na hora de ler, ademais das actividades propostas para esta hora, outras actividades para traballar o PDI da biblioteca que este ano o dedicamos a Dinamarca.
En terceiro, escollemos o tema dos xogos viquingos e tradicionais danesas.
Dito traballo consistiu fundamentalmente no fomento da lectura, lendo libros de aventuras que se basean nas tradicións das culturas nas que se desenvolvía a trama.
Fixemos lecturas colectivas dos libros: