Curso 20_21
Alumnado de 6º E.P na English Digital Week
Enviado por Anónimo o Xov, 11/24/2022 - 22:06Efectivamente, este domingo empezou a nosa quenda na Digital Week, actividade incluída na programación de Seccións Bilingües deste curso. Este domingo, o alumnado participante, nenas e nenos de 6º de E.P, iniciaron a estancia no albergue de Gandarío, onde van a desfrutar das actividades que se desenvolveran ao longo dunha semana. Alí convivirán con alumnado doutros centros escolares de Galicia. Algunhas das actividades planificadas son robótica, deseño dixital, impresión 3D, realidade aumentada, ..., tamén haberá tempo para actividades de exterior, que fomenten a convivencia e as relacións sociais. Todas as actividades serán levadas a cabo en inglés, por persoal nativo. Desexámoslles unha feliz experiencia :)
Coñece Compostela
Enviado por admin o Mér, 06/30/2021 - 10:23Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria convertéronse en reporteiros e reporteiras presentando os recunchos máis importantes da cidade nunha serie documental. A través de varios episodios coñeceredes a orixe da cidade e a catedral, os interiores e exteriores desta, as prazas e rúas máis importantes, as portas da muralla medieval da cidade, así como outros edificios históricos e outras curiosidades que estou segura que descoñeciades e vos sorprenderán.
Visita á exposición "As miradas de Isaac"
Enviado por admin o Mér, 03/10/2021 - 11:18
O alumnado de 5º A e 5º B participou os pasados días 5 e 10 de marzo na visita virtual á exposición “As miradas de Isaac”, a primeira gran exposición sobre Díaz Pardo , organizada pola Cidade da Cultura.
Nesta visita poideron achegarse ao seu polifacético universo (ceramista, pintor, diseñador, escritor, editor, empresario...), facendo un percorrido a través distintas pezas, obras de arte, obxectos diversos, fotografías, textos, proxeccións audiovisuais … coñecendo así un pouco máis da obra de Isaac Díaz Pardo, responsable de aportacións tan relevantes como Sargadelos, Ediciós do Castro...
Día da Paz e non violencia 2021
Enviado por admin o Mar, 02/09/2021 - 14:41
Este ano a celebración do día da Paz tivo como protagonista a "POESÍA CON P DE PAZ"
Baixo o lema "Poemas con pe de paz", colgáronse paraugas polo patio e polos corredores dos que penduran os poemas das nenas e nenos coas súas correspondentes ilustracións.
Ademais nas distintas aulas e niveis traballouse de xeito interdisciplinar esta conmemoración.
Esta é unha pequena mostra dese traballo.
POR ELAS - 25N - EDUCACIÓN INFANTIL
Enviado por admin o Mar, 12/01/2020 - 17:58O segundo ciclo de educación infantil quixo conmemorar o 25N condenando a violencia machista: 'por ti, por min, por elas, por vós, por nós, POR ELAS'.
As/os máis cativas/os do cole embarcáronse na gravación do videoclip musical "Por elas" de Adhara&Ritman.