Novas
Enlace á páxina web da ANPA
Enviado por admin o Lun, 10/02/2017 - 12:07ASEMBLEA ORDINARIA DA ANPA LOPEZ FERREIRO
Enviado por admin o Mar, 06/06/2017 - 12:58O día 20 de xuño de 2017 celebrarase a asemblea ordinaria da anpa de final de curso. Agradécese a asistencia.
No arquivo adxunto poden descargar a convocatoria.
Inicio do "Colecamiños"
Enviado por admin0 o Lun, 12/04/2023 - 10:43Na mañá do 30 de novembro, trinta nenas e nenos apareceron nas portas do López Ferreiro vestidos cos chalecos amarelos do Colecamiños. Así que desde esta data, xa se pode facer uso deste programa, desenvolvido pola Concellaría de Mobilidade, coa colaboración da Policía Municipal de Santiago.
A iniciativa, que partiu da ANPA do centro, pretende fomentar a autonomía e a socialización do alumnado, ademais de reducir o tráfico rodado das proximidades do centro de ensino.
Deste xeito, a comunidade educativa do López Ferreiro, tamén apoia o desenvolvemento dos obxectivos 11, 13 e 17 da Axenda 2030.