Curso 17-18
Xornada de robótica do alumnado de 6º cos nenos e nenas de 1º
Enviado por Anónimo o Ven, 06/15/2018 - 12:54O alumnado de 6º de EP amosou aos máis noveles do centro, os nenos e nenas de 1º , os seus avances no mundo da robótica así como o funcionamento das montaxes de circuítos eléctricos creados por eles mesmos.
De forma lúdica e activa os nenos e nenas de 1º poideron desfrutar parte da xornada escolar das aprendizaxes e dos resultados da labor desenvolvida polo alumnado de 6º no marco do programa de innovación educativa “ Introdución á robótica educativa en primaria” promovido pola Xunta.
Coñecer os programas informáticos de mbot, o manexo dos robots conectados os ordenadores, espertou grande interés no alumnado de tan curta idade grazas á disponibilidade e bo facer dos nenos e nenas de 6º .
Noraboa a tódolos eles!
Pequena mostra do acontecido nestas imaxes.
I Marcha Ciclista Escolar
Enviado por Anónimo o Lun, 05/21/2018 - 13:06
O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria do noso colexio participaron o pasado venres 18 de maio na I Marcha Ciclista Escolar, organizada polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local, que buscaba que os alumnos puxeran en práctica o aprendido no parque infantil de tráfico de Amio, así como promover o uso da bicicleta.
Día dos museos. Museo das peregrinacións
Enviado por Anónimo o Lun, 05/21/2018 - 12:59Conmemorando o día internacional dos museos, o alumnado de 4º de E. Primaria disfrutou de O Paroleiro, “Os contos de Pablísimo”, sesión de contacontos de tradición oral na que se empregan recursos como: sombras, monicreques, poemas numéricos, contos de nunca rematar, cancións e narración oral.
Visita á Praza de abastos
Enviado por Anónimo o Ven, 03/23/2018 - 09:12O alumnado de 1º visitou o Mercado de Abastos de Santiago para poñer en práctica a Unidade didáctica do Euro e o Sistema Monetario e completar a súa formación sobre a alimentación saudable.
Visitaron diversos postos entre os que cabe destacar a peixaría, carnizaría e froitaría. Neles, ademais de recibir a información sobre os artigos en venta, foron anotando no seu “caderno de campo” os datos relativos aos precios. Coñeceron deste xeito o valor real e aplicáronno ás moedas estudadas.
Os vendedores atendereron con moita amabilidade as preguntas que o alumnado era quen de plantexar .
A xornada rematou coa compra real de pan e flores para as súas familias. Sentíronse moi satisfeitos por saber facelo por eles mesmos.
Visita ao CIMUS
Enviado por Anónimo o Lun, 03/12/2018 - 09:35O 6 de marzo o alumnado de 6º visitou o Centro de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas (CIMUS), alí puideron observar de primeira man o traballo dos investigadores para loitar contra o cancro, pasaron por distintintos laboratorios, viron células e tecidos ao microscopio, e escoitaron unha interesante charla sobre a investigación neste campo. Moitos saíron dalí coa idea de convertirse en investigadores, quen sabe!!
Visita á granxa Avega e Arqueixal
Enviado por Anónimo o Ven, 03/09/2018 - 12:15O 27 de febreiro os alumnos e alumnas de 6º de E.Primaria, visitaron a granxa de galiñas ecolóxicas AVEGA, onde puideron observar como se alimentan e se coidan as galiñas desa granxa e saber máis sobre os distintos tipos de ovos e as súas características.
Visitaron tamén as instalacións de ARQUEIXAL onde lles explicaron a fabricación artesanal do queixo, probaron o seu iogur e entraron nunha casa antiga na que case puideron viaxar no tempo.
Esta saída foi subvencionada pola ANPA do colexio.
Visita ao Museo de Historia Natural
Enviado por Anónimo o Xov, 02/08/2018 - 22:28O venres, día 2 de febrerio, o alumnado dos tres cursos de 1º de EP foi ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.
Este centro conta, como se sinala na súa páxina web, http://www2.usc.es/museohn, con fortes potencialidades educativas e sociais pois ademais das súas tarefas de investigación, centra o seu futuro na divulgación científica.
O alumnado realizou unha visita guiada por un biólogo ás súas instalacións e fondos, polo que se incrementaron os seus coñecementos sobre a biodiversidade terrestre, mariña e sobre o solo.
Todo iso serviu, para conciencialos da importancia de coidar o seu ecosistema co fin de garantir a súa supervivencia.
Visita ao Pazo de Xelmírez
Enviado por Anónimo o Lun, 12/18/2017 - 09:23O xoves 14 de outubro, o alumnado de 3º visitou a exposición Mestre Mateo no Pazo de Xelmírez. Alí puideron ver as pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago, na actualidade desaparecidos, como a fachada medieval e o coro de pedra que ocupou a nave central.
En especial, destaca a figura masculina con cartela, recentemente descuberta durante as obras de restauración da Torre das Campás.
A visita rematou coa realización dun obradoiro baseado na construcción dun Portico da Gloria con pezas de porexpan.
Magosto
Enviado por Anónimo o Xov, 11/23/2017 - 11:04O mes de novembro é o mes do Magosto. Son dúas as datas máis correntes para a súa celebración: o día 1 ou o día 11, festa de San Martiño. Este mes tamén leva este nome.
No colexio festexamos o Magosto o 17 de Novembro. Despóis de facer distintas actividades nas aulas relacionadas coa esta festividade, fomos ao Parque Xixón, o alumnado de primaria, e ao patio de infantil, os máis pequenos do cole.
Alí degustamos as castañas e despois saltamos e brincamos xogando a distintos xogos populares.
Visita ao CIAC
Enviado por Anónimo o Xov, 11/02/2017 - 23:12Os días 19 e 27 de outubro o alumnado de 1º acudíu ao CIAC (centro de interpretación ambiental de Santiago).
A xornada desenvolveuse con obradorios nos que o alumando participou con entusiamo e alegría.
Por unha banda, xogos de concienciación de reciclaxe, no que todos amosaron o seu coñecemento dos tipos de colectores e do seu uso; e un segundo obradorio
ao aire libre no que os sentidos da vista, tacto e olfacto permitíronlles coñecer as árbores e a natureza do Parque de Belvís.
Foi sen dúbida unha xornada especial para lembrar e poñer en práctica as súas aprendizaxes.