ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

Figura de polbo 3D

 

Agullas para tecer redes

 

 Medallas de Ángeles Alvariño

 

 


Embarcacións tradicionais galegas para o xogo "Salvar a frota".

 

 Merge Cube

 

 Adornos de tartarugas mariñas

para facer "pulseiras da sorte".

 

 

 

 

VOLVER Á PÁXINA PRINCIPAL DO PROXECTO

 

O alumnado do 3º ciclo investigou sobre as principais construcións e accidentes xeográficos da nosa costa. Aquí tedes os resultados da súa investigación:

 

 

VOLVER Á PÁXINA PRINCIPAL DO PROXECTO

Dicionario con palabras típicas sobre o mar en galego traducidas ao castelán, inglés e aos ioutros diomas maternos do alumnado do cole: alemán, holandés e romanés. 

Dicionario Plurilingüe do Mar

Este curso, o mar foi o noso protagonista e a meirande parte das actividades xiraron ao redor del. O curso está a piques de rematar e por iso queremos convidar a todas as familias do cole á nosa Feira Mariñeira.

Será un pequeno evento pensado para que as nenas e nenos pasen unha mañá coas súas familias, realizando diversas actividades como obradoiros, xogos, merendas saudables e amosando os proxectos realizados ao longo deste curso.

Esta xornada tamén é unha oportunidade para estreitar os lazos entre toda a comunidade educativa. Queremos que todos sintan que son parte desta gran familia que é o CEIP Francisco López Estrada.

ACTUALIZADO O 15 DE XUÑO

 

VOLVER Á PÁXINA PRINCIPAL DO PROXECTO

Hoxe é o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta.

Durante a semana realizamos diversas actividades sobre a autora homenaxeada, e hoxe queremos lanzar un concurso para todas as nenas e nenos do CEIP Francisco López Estrada:

 

CONCURSO DE POEMAS ACRÓSTICOS EN GALEGO

Acróstico provén do grego ákros: extremo, e stikhos: liña ou verso, e é unha composición poética na que as letras iniciais de cada verso ou oración, lidas en sentido vertical, forman un vocablo ou unha locución.

Animámosvos a crear un poema acróstico que lido en vertical forme o topónimo: O BARQUEIRO

Pode rimar ou non (prosa poética ou poema en prosa). Aquí deixamos un exemplo creado polas nenas e nenos de 4º e 5º EP na clase de lingua galega o curso pasado:

 

O POBO MÁIS FERMOSO DO MUNDO ENTEIRO

 

Beleza infinita,

Abre os teus ollos.

Rompen as ondas na beira do mar,

Quenta o sol sobre a Ponte Vella,

Unha lanchiña fondea na ría,

Entra o vento do Nordés.

Imaxina vivir aquí, 

Rodeado de auga e bosques, no Barqueiro...

O pobo máis fermoso do mundo enteiro!

 

Deixade voar a vosa imaxinación e poñede a traballar a vosa creatividade.

 

A participación é completamente voluntaria.

 

Podedes traer as vosas composicións ao cole ata o venres, 24 de maio.

 

 

 

O gañador/a será premiado co libro Alma de Violino, de Luísa Villalta, e algunha cousiña máis.

 

 

 

 

Actualizado o 28 de maio de 2024:

 

Xa temos gañadora do concurso. 

Parabéns, Julia!!!! 

 

Distribuir contido