Este sábado tivemos unha intensa xornada de formación sobre radio escolar no CFR Ferrol.
Isidoro Valerio (Radio Voz), Luis Pardo (Cadena Ser) e Denís Losada (Rede Espora) amosáronnos todas as posibilidades da radio escolar como ferramenta didáctica, ensináronnos a configurar o equipamento, a elaborar guións e secuencias radiofónicas... Ata gravamos o noso propio podcast!
Estamos impacientes por transmitir ao alumnado todo o aprendido e poñer a radio escolar en marcha!