Responder ó comentario

Este curso, o mar foi o noso protagonista e a meirande parte das actividades xiraron ao redor del. O curso está a piques de rematar e por iso queremos convidar a todas as familias do cole á nosa Feira Mariñeira.

Será un pequeno evento pensado para que as nenas e nenos pasen unha mañá coas súas familias, realizando diversas actividades como obradoiros, xogos, merendas saudables e amosando os proxectos realizados ao longo deste curso.

Esta xornada tamén é unha oportunidade para estreitar os lazos entre toda a comunidade educativa. Queremos que todos sintan que son parte desta gran familia que é o CEIP Francisco López Estrada.

ACTUALIZADO O 15 DE XUÑO

 

VOLVER Á PÁXINA PRINCIPAL DO PROXECTO

AdxuntoTamaño
Feira Mariñeira39.04 KB

Responder