Responder ó comentario

Hoxe é o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta.

Durante a semana realizamos diversas actividades sobre a autora homenaxeada, e hoxe queremos lanzar un concurso para todas as nenas e nenos do CEIP Francisco López Estrada:

 

CONCURSO DE POEMAS ACRÓSTICOS EN GALEGO

Acróstico provén do grego ákros: extremo, e stikhos: liña ou verso, e é unha composición poética na que as letras iniciais de cada verso ou oración, lidas en sentido vertical, forman un vocablo ou unha locución.

Animámosvos a crear un poema acróstico que lido en vertical forme o topónimo: O BARQUEIRO

Pode rimar ou non (prosa poética ou poema en prosa). Aquí deixamos un exemplo creado polas nenas e nenos de 4º e 5º EP na clase de lingua galega o curso pasado:

 

O POBO MÁIS FERMOSO DO MUNDO ENTEIRO

 

Beleza infinita,

Abre os teus ollos.

Rompen as ondas na beira do mar,

Quenta o sol sobre a Ponte Vella,

Unha lanchiña fondea na ría,

Entra o vento do Nordés.

Imaxina vivir aquí, 

Rodeado de auga e bosques, no Barqueiro...

O pobo máis fermoso do mundo enteiro!

 

Deixade voar a vosa imaxinación e poñede a traballar a vosa creatividade.

 

A participación é completamente voluntaria.

 

Podedes traer as vosas composicións ao cole ata o venres, 24 de maio.

 

 

 

O gañador/a será premiado co libro Alma de Violino, de Luísa Villalta, e algunha cousiña máis.

 

 

 

 

Actualizado o 28 de maio de 2024:

 

Xa temos gañadora do concurso. 

Parabéns, Julia!!!! 

 

AdxuntoTamaño
Feliz Día das Letras Galegas.jpg29.21 KB
Gañadora42.17 KB

Responder