Ola familias!!
Na nosa clase esta semana xa chegou o Samaín por todo o alto!! Realizamos diferentes propostas como as que agora vos amosamos.
O luns tiñamos a tuff tray (bandexa) chea de bichos mesturados co arroz larancha e unha tela de araña que nos impedía collelos, pero o conseguimos. Como traballamos as nosas mans coas pinzas e as tesoiras bola!!
Como proposta de lectoescritura tiñamos que identificar a inicial de diferentes elementos de Samaín como momias, arañas ou cabazas.
E no recuncho de lóxica matemática tiñamos que colocar na tela de araña tantas arañas como nos indicaba o número, asociando así grafía-cantidade.
Ademais xogamos a Monster Kit, un xogo no que coa axuda dunhas cartas tivemos que formar un monstro, traballando a asociación de grafía-cantidade e a lectoescritura porque lle puxemos o nome que se formou coas sílabas que había en cada carta.
O martes as propostas foron diferentes. No recuncho de lóxica matemática tiñamos que contar cantos elementos había en cada tarxeta, buscar o número e poñer unha pinza nel, traballando non só o conteo senón tamén a nosa motricidade fina.
E seguimos co traballo das nosas mans porque con contas de cores decoramos os mangos dunhas vasoiras de bruxas. Que boa coordinación óculo- manual temos!!!
E a bruxa meteu no seu caldeiro unha morea de bichos, pero non nos deixaba velos. Así que a través do tacto tivemos que adiviñar que había no caldeiro e rexistralo. Os peques de 3 anos identificaron o son A nos nomes dos bichos que adiviñaron.
Esta semana limos varios contos de Samaín. Un deles foi "8 patas" que nos narra a historia de Lucy, unha araña á que non lle gusta tecer e que ten un don para pintar cadros cheos de cores. Despois da lectura fixemos un debuxo sobre o conto, cada un debuxando o que máis lle gustou del (Lucy, a tea de araña...)
E o venres despedimos a semana xogando ao bingo terrorífico, traballando a escoita activa e a atención.
E vos preguntaredes que máis fixemos, pois resolver uns retos cos que nos atopamos ao chegar á clase e dos cales a mestra non tiña nin idea de quen os puxera alí.
O primeiro día de retos cada equipo tivo que resolver unha proba matemática para poder rescatar a un rapaz da xaula dunha bruxa porque nos deixou unha carta pedindo axuda.
Os peques de 3 anos tiveron que formar un monstro seguindo as indicacións e nunha lenda obtivemos o primeiro número.
O equipo dos leóns (4 anos) tiveron que completar a serie numérica ata o 20 e na última casilla descubrimos o seguinte número.
E os peques de 5 anos atoparon unha folla con moitas portas e unhas chaves con sumas. Ao resolvelas podían abrir cada unha das portas, pero só na última conseguimos o outro número.
Por fin tiñamos os tres números do candado para poder liberar ao rapaz!!!
O seguinte día de retos foi tamén intenso, jeje. O rapaz estaba moi agradecido por salvalo e quixo darnos unha sopresa, pero non de forma tan sinxela, senón que resolvendo tamén uns retos para adiviñar unha palabra.
Cada equipo tiña dúas probas. A primeira letra conseguímola ao formar un quebracabezas de Samaín onde había unha S.
A segunda letra (A) ao sacar a unha momia dun labirinto e levala á súa tumba, pasando por esa letra.
A terceira letra conlevou descifrar unha palabra segreda grazas a unha lenda e identificando a inicial (M).
A cuarta letra era unha A, e para iso houbo que adiviñar a palabra que se escondía detrás dunha adiviña (araña) e a súa inicial deunos outra letra (A).
A quinta letra (I) estaba escondida nunha proba de buscar diferenzas. Como se nos dan tan ben atopámolas moi rápido.
E a última letra (N) estaba nunha lenda que tivemos que ter en conta despois de clasificar palabras polo seu número de sílabas (a palabra que máis sílabas tiña nos daba esa derradeira letra).
Entre todos conseguimos adiviñar a palabra (SAMAÍN) e puidemos conseguir a sorpresa, un caldeiro con chocolatinas que puidemos degustar despois de merendar.
No vídeo podedes ver todo o que fixemos e como sabemos traballar en grupo, axudándonos uns aos outros para logar un obxectivo común.
Ola familias!!!
Aquí estamos de novo para contarvos todo o acontecido esta semana. Estades preparados?
Os peques de 3 anos seguiron afianzando o seu nome, pero nesta ocasión tamén nos centramos na direccionalidade da grafía das letras e no traballo das mans posto que tiñamos que rasgar papeis de cores e pegalos nas letras do noso nome seguindo a súa direccionalidade.
No recuncho de plástica manipularon plastilina para traballar as súas mans e a súa creatividade, porque como di María Montessori "Canto menos cousas faga o xoguete, máis cousas fará a mente do neno".
No proxecto de China coñecemos un dos seus emblemas:a muralla. Coñecimos de qué está feita, canto mide, que a fixo, por que ten esa forma... e despois en grupos construimos a nosa muralla con diversos materiais.
Esta semana comezamos co proxecto dos flamengos e o primeiro de todo e darvos as GRAZAS por todo o material que nos envíachedes.
Neste primeiro contacto con este animal, o que coñecimos foron as súas características, as cales recollemos nun papel (como sempre todo adaptado ao nivel de cada grupo).
Na asemblea comezamos a completar a táboa do 100, repasando o conteo, a identificación de números, o anterior e posterior, as familias de números...
Como proposta de arte, nesta ocasión a xuntamos coa lectoescritura. Primeiro falamos de cal é o nome en galego dese alimento tan característico do outono: a CABAZA. Despois identificamos as letras que forman ese nome e as estampamos nos catro anacos que rodeaban a cabaza. A continuación pintamos a cabaza estampando a pintura coa axuda dunha esponxa.
En relación á proposta de lóxica matemática, non teño fotos dos peques realizándoa posto que non puiden estar presente, pero vos contamos en qué consisitía. Os peques de 3 anos, na mesma plantilla que usaron noutra ocasión para poñer tantos osiños como indicaba o número, nesta ocasión formaban torres con policubos segundo o número. Os peques de 4 e 5 anos completaban a serie atribuíndolle a cada obxecto do outono o valor que lle correspondía dentro da recta numérica, repasando así dita recta e a grafía dos números.
E o venres limos un dos contos que nos trouxo Nico sobre os flamengos: Renato Nicanor. Encantounos a súa historia e despois fixemos un debuxo relacionado coa historia, cada un ao seu ritmo.
Ademais, para rematar a semana, xogamos a un xogo para repasar a conciencia fonolóxica. A mestra colocaba unha letras pola clase e dicía un son. Nós tiñamos que ir hacia a letra que representaba ese son ao mesmo tempo que o repetíamos.
A próxima semana comezamos a celebrar o Samaín. Que ilusión!!
Ata logo!!
Ola familias!!!
Aquí vos deixamos unha mostra das propostas desta semana, que foi curta pero que deu para moito.
No recuncho de experimentos e mesa sensorial traballamos os trasvases con lentellas. Cantas caeron ao chan? Unhas pouquiñas, jeje
Como actividade de lectoescritura seguimos co nome. Os peques de 3 anos formaron a súa inicial con pedriñas de cores seguindo a direccionalide, ademais de realizala nunha bandexa co arroz.
Os peques de 5 anos seguiron co afianzamento da grafía do nome en minúscula. Fano xenial!!
E os peques de 4 tamén fixeron a súa inicial con pedras, para reforzas esa direccionalidade.
Como proposta de lóxica matemática os peques de 3 anos asociaron grafía- cantidade, poñendo tantos osiños como indicaba o número. Ademais co dedo repasaron a súa grafía.
Os peques de 4 anos introducíronse no mundo das sumas e por suposto de forma manipulativa coas castañas que recollemos a semana pasada. Que orgullosa estou deles!!
E os peques de 5 anos seguimos afianzando estas operacións.
Como proposta de arte fixemos unha actividade de grafismo creativo decorando unha bellota con diferentes grafismos con cores de outono.
No proxecto de China, nesta ocasión coñecemos como lle chaman aos anos os chinos, coñecendo o seu horóscopo. Así descubrimos que o 2023 é o ano do coello de auga, que será o 2024? Cando chegue o saberemos
Ademais vimos que animal era o ano no que nós nacemos e o deixamos rexistrado. Escribimos o noso nome e pegamos o animal que o representaba.
Ademais anotamos o significado que ten para a cultura china o coello e a auga: paz, traballo e saúde.
Tamén tivemos tempo para xogar ao bingo de outono. Tivemos que estar moi atentos!!!
Esta semana coñecemos á auxiliar de conversa ca que vamos a familiarizarnos máis co inglés.
E como traballamos coas mans? Pois con pinchos desenvolvendo a nosa creatividade.
Desfrutade da ponte!! Vémonos o luns!!
Ola familias!!
Aquí estamos de novo para contarvos todo o que fixemos esta semana.
No recuncho de arte formamos diferentes grafismos con pedras de cores seguindo a cintas pegadas na tuff, traballando moito coas nosas manciñas.
No recuncho de lectoescritura os peques de 3 anos identificaron e formaron o seu nome ao mesmo tempo que traballaban a motricidade fina, posto que tiñan que coller as pinzas coas letras para poder formalo.
Os peques de 4 e 5 anos traballaron a conciencia fonolóxica, identificando a inicial dunhas imaxes.
Posto que xa rematou o mes de setembro, como actividade de lóxica matemática fixemos o rexistro do tempo: contamos os pompóns de cada bote e puxemos tantos gomets como pompóns había, Despois escribimos o número que representaba esa cantidade. Os máis peques da clase identificaban o número e o pegaban e os demais o escribían. Ademais anotamos o nome do mes traballando así a lectoescritura.
Esta semana tamén realizamos unha actividade para traballar a coordinación óculo manual, a atención e a orientación espacial cun novo material que estreamos. Tiñamos que formar unha torre seguindo o patrón dado, atendendo moito á peza, á súa cor e á súa posición.
No proxecto de China formamos a súa bandeira e completamos o mapa do mundo.
Posto que temos a sorte de ter castiñeiros ao lado do cole e que xa había moitas castañas no chan fomos recollelas.
Na sesión de valores puidemos coñecernos un pouco máis escoitando e respectando o turno de palabra mestres os demais compañeiros/as nos amosaban o seu xoguete preferido e nolo describían. Despois pasamos momentos xuntos compartindo os xoguetes cos demais.
A próxima semana moito máis!!
Ola familias!!!
Esta semana demos a benvida ao outono e varias das propostas estiveron relacionadas con esta estación.
No recuncho de lectoescritura os peques de 3 tiñan que identificar o seu nome e despois buscar as letras nunha bandexa con arroz de cores para poder formalo. Fixérono xenial!!!
Os peques de 4 e 5 anos formaron palabras relacionadas co outono. Así escollían un bote cunha imaxe na tapa e coas letras que había no seu interior formaban o nome desa imaxe, pero tiñan que traballar coas mans porque as letras había que insertalas nun limpapipas marrón.
Ademais os nenos e nenas de 5 anos comezaron a familiarizarse coa escritura do seu nome en minúscula repasando cun rotu máxico o seu nome nesta grafía.
No recuncho da mesa sensorial a proposta consistía en coller cunhas pinzas elementos do outono e clasificalos nuns bols, ademais despois puideron contalos e deixar rexistro diso.
En lóxica matemática traballamos a seriación facendo colares seguindo un patrón. E canto traballaron as nosas mans!!
Ademais xa comezamos co proxecto do cole "Viaxando polo mundo: Asia". A nós tocounos coñecer China, país do que aprenderemos moito para ao final de curso poder contarlle todo o que sabemos ao resto dos compañeiros/as do cole, o mesmo que faran eles/elas co país que lle tocou.
Nesta sesión pintamos un fondo azul, que será? E fixemos unha frecha.
Na actividade de arte tiñamos que decorar un caracol poñendo gomets vermellos e amarelos seguindo unha secuencia e facer grafismos no seu corpo.
Ademais preparamos o fondo desta obra estampando rolos de papel hixiénico ata encher toda unha cartolina branco. E que cores usamos? Pois cores de outono: amarelo, laranxa e marrón.
E ao final da semana empezamos a familiarizarnos cos xogos de mesa, nesta ocasión co Speed Cups, co que traballamos a atención e por suposto sempre respectando as regras do xogo e o ritmo e nivel de cada un/unha.
A vindeira semana moito máis!!!