Iniciar sesión: Acceso

CHEGA O SAMAÍN...

Ola familias!

Nova semana superada. Xa falta moi pouco para que chegue Samaín, e por iso queriamos decorar a nosa porta cuns monstros terroríficos. Para iso primeiro tivemos que botar pintura nun folio e soprar moitísimo para darlle forma aos nosos monstros, traballando así o sopro.

Despois decorámolos con ollos e boca, e aproveitamos para repasar algunhas das partes da cara que xa coñeciamos. Cando os tiñamos listos fomos a poñelos na nosa porta, que nos quedou así de terrorífica.

Tamén seguimos traballando no noso proxecto sobre o corpo humano. Repasamos todo o que aprendemos coa mamá de Julia e Pepa a anterior semana, e fixemos así esta actividade na que conseguimos poñer en orde as diferentes fases do embarazo, desde que se unen o óvulo e o espermatozoide ata que nace o bebé.

Igual que o bebé da actividade anterior, nós tamén fomos medrando co paso do tempo. Nesta actividade que vedes aquí tivemos que ordenar cronoloxicamente as nosas fotos, non foi nada fácil... todos os bebés parecíannos iguais!!

E ao tempo que medramos, medran os nosos pés. Outra actividade que realizamos esta semana foi a seguinte. Debiamos coller un dos nosos zapatos, debuxar a súa silueta nun folio e despois repasarla cun rotulador. 

Por último decorámola coa técnica de puntillismo. Aproveitamos tamén para mirar que número tiñamos nos nosos zapatos e traballar os conceptos maior/menor, grande/pequeno...

Para rematar coas actividades sobre o noso corpo, tamén realizamos a seguinte na que debiamos medirnos con bloques de construción. Por parellas fomos formando a nosa torre, debatendo sobre se cando nacemos eramos así de altos, se creceramos desde entón... Ademais, aproveitamos para contar os bloques das nosas torres e así traballar o conteo.

O día 24 foi o día das bibliotecas escolares, polo que os nenos e nenas de educación infantil visitamos a nosa biblioteca do cole. Déronnos unha tarxeta co noso nome e a profe Andrea explicounos que cando quixésemos ler un libro debiamos deixar dita tarxeta no seu lugar para devolvelo ao mesmo sitio, mantendo así a orde dos libros. Tamén nos explicou as normas que temos que respectar na biblioteca. Grazas profe Andrea!!!

Outra das actividades desta semana para traballar a nosa creatividade foi a creación destes mandalas de outono, quedáronnos xenial.

Tamén traballamos a motricidade fina con esta actividade na que tiñamos que colocar os mesmos gomets nas diferentes partes da cabaza.

Continuamos traballando lectoescritura, lóxica - matemática, atención e motricidade con algunhas das propostas de Samaín que xa coñeciamos e con novas propostas que nos gustaron moito, como estes bloques de números e este crebacabezas co que puidemos formar algunhas das nosas letras.

Para continuar traballando a lectoescritura a través do noso nome, rematamos o noso retrato engadindo estes adhesivos coas letras que forman cada un dos nosos nomes.

Unha das últimas actividades desta semana foi a lectura do conto "Sopa verde". Despois de lelo realizamos un debuxo sobre o conto e o coloreamos.

Por último, o venres acudimos ao Mercadillo de Samaín que realizaron os nosos compis de 3º e 4º de educación primaria, fixeron cousas super chulas e os pequenos de infantil quixemos pasar por alí para felicitalos!