Ola familias!!
Esta semana o Samaín estivo moi presente en moitas das propostas de aula, pero tamén tivemos tempo para seguir co proxecto do corpo humano e moito máis.
Na asemblea engadimos unha tarefa máis para o encargado/a: formar un número con decenas e unidades. Para iso primeiro falamos do que era unha decena e formamos cada un/unha de nós unha con paus depresores de cores.
Tendo listo iso, xa podemos formar calquera número.
Ademais tamén lembramos e repasamos o que nos contou a mamá de Pepa o venres pasado. E que mellor forma de facelo que de forma manipulativa ordeando todo o proceso do embarazo, desde que se unen óvulo e espermatozoide, ata o momento do parto, pasando por cada mes de embarazo.
Tamén limos algún dos libros que nos deixou a mamá de Pepa, lembrando e reforzando o aprendido.
Outra das propostas foi desconxelar ollos que estaban en bloques de xeo con formas de Samaín. Para iso empregamos as pipetas e auga, botádolle pingas de auga ao bloques de xeo para que se desconxelasen. Canto traballamos as mans neste tipo de actividades, sen esquecer a paciencia e a concentración.
Ç
E seguimos reforzando a orientación espacial, a direccionalidade e o pensamento computacional, con esta proposta na que partindo dunha imaxe de Samaín e tendo en conta as flechas, tiñamos que seguir dito percorrido nun panel ata ver ata que outra imaxe chegábamos, e buscala entre outras moitas.
Ç
Conteo, subitización, asociación de grafía- cantidade estiveron moi presentes nesta proposta onde tiñamos que tirar os dados, contar ou identificar a cantidade que aparecía e poñer tantas pantasmas como indicaba o dado. Tamén podemos observar en que fase do conteo nos atopamos e poder seguir avanzando.
Outra das novidades desta semana foi que comezamos a aprender a escribir o noso nome en minúscula. Primeiro a profe nos indicaba o camiño a seguir en cada letra e logo o intentamos nós. Somos uns campións e campioas!!
Como xa vimos como vai cambiando o bebé durante o embarazo, tamén tiñamos que ver como cambiamos nós ao longo deste 5 anos. Así que, grazas ás familias que nos deixaron unha fotos de cando nós éramos máis pequerrechos e coas fotos que ten a profe de nós destes casi 3 anos en infantil, fixemos unha actividade de secuenciar o noso crecemento, pero antes tivemos que buscar as nosas fotos entre todas as que estaban dispersas pola aula.
Xa despois as ordeamos e as pegamos nuha folla para poder deixar rexistro. Que importante é saber ordear de forma cronolóxica unha imaxes para comprender o paso do tempo.
Esta semana tamén houbo un minimundo dun cemiterio con pantasmas, vampiros, gatos e ata un ataúde, no que puidemos desfrutar e desenvolver a nosa imaxinación e o disfrute do tempo cos nosos compañeiros/as.
As torres de cabazas con diferentes expresións permitíronnos traballar a atención, a concentración e a paciencia. Casi nos custou un pouco máis devolver cada cabeza ao seu recipiente que crear a torre.
Como proposta de lectoescritura para seguir avanzado neste senso, tivemos que formar o nome de obxectos de Samaín coas letras dadas.
Tamén preparamos os nosos marcadores para cando collamos un libro na biblioteca do cole, poidamos saber quen o colleu e onde o ten que volver colocar cando o devolva.
Con respecto ao proxecto de Perú, esta semana rematamos unhas tarefas que tiñamos pendentes como decorar a bandeira con papel de celofán, recortando anaquiños pequenos e pegándoos, ademais de darlle nome a cada ser vivo da fauna deste país que coñecimos a semana pasada, e sempre traballando en equipo. Así, lembramos o traballado ata este momento e reforzamos as nosas mans e a lectoescritura.
E chegou o 24 de outubro, Día das Bibliotecas. Grazas á profe Andrea puidemos coñecer como se organiza este espazo, como temos que deixar todo, cumprindo así as normas, e como usamos os marcadores que elaboramos o día anterior.
Este día tamén tivemos tempo para crear figuras terroríficas co lego, traballar a direccionalodade e a coordinación óculo manual coas labirintos, e a atención buscando as 3 diferenzas entre dúas imaxes.
En valores, demos por rematado o mes da Verdade e Mentira, e para iso distinguimos entre unha e outra e fixemos debuxos verdadeiros ou falsos, que os demais tiñan que dicir de qué se trataba.
Os trasvases son moi importantes no noso desenvolvemento, pois nos permiten traballar a coordinación óculo manual e aumentar as destrezas coas nosas mans, aspectos importantes para a escritura. Así, puidemos xogar co arroz e os botes de cabazas para enchelos e vacialos cantas veces quixeramos.
Seguimos coa atención con este lince de Samaín, no que atopamos moitisimos elementos.
E xogamos a un xogo de mesa coa temática principal desta semana, na súa versión do memory. O xogo chámase "El castillo del terror" no que tiñamos que cazar monstros conseguindo 1, 2, 3 ou máis elementos como linternas, apócemas, cadeas... Pero estes elementos estaban boca abaixo escondidos. Se lle dábamos a volta a unha carta e aparecía un elemento que necesitábamos seguiamos collendo, senón as volteamos outra vez e pasaba ao seguinte xogador. Pero que pasa se un de nós lle daba a volta a un elemento que necesitaba outro comapñeiro/a, pois que este tiña que estar moi atento para poder darlle a volta e conseguir cazar ao seu monstro. Temos que dicir que algúns monstros foron capturados.
Que importante e saber xogar en compañía doutros e sempre respectando as normas.
A lectura desta semana foi "El fantasma de las bragas rotas", do cal despois fixemos un debuxo para que a profe poida ver como empregamos o espazo no papel, a comprensión lectora e o uso das cores. A maioría debuxou á pantasma e a avoa, a que salvou a Villa Pesadilla.
As mandalas permiten desenvolver a creatividade, e nesta ocasión creamos unhas con elementos de Samaín como arañas, cucuarachas, gusanos e moscas.
Nesta proposta de lectoescritura seguimos afianzando a conciencia fonolóxica, identificando a inicial de diferentes imaxes de Samaín, algún/algunha incluso formou palabras enteras.
Buscar imaxes ocultas nos gusta e iso tivemos que facer nesta proposta. Coa axuda da linterna dun móbil, víamos a imaxe, e logo buscabamos o seu nome, avanzando pouco a pouco na lectura.
Como proposta de arte, decoramos as vendas dunha momia con grafismos creativos de diferentes cores. Pero para saber que grafismo realizar xiramos un dado na pantalla e segundo o número que saise faciamos triángulos, liñas, círculos...
E para rematar o día, acudimos ao mercadillo que os nosos compis de 3º e 4º montaron para recaudar fondos. Tiñan pulseiras, chaveiros, pintaban as unllas... Unha experiencia diferente.
Vémonos a próxima semana que é curta pero intensa, jeje.