Skip to Content

Novas de Interese

Apoios Visuais Covid

Intruccións do confinamento

INSTRUCIÓNS se  estivo en contacto cunha persoa que pode ter unha infección polo novo coronavirus:

 

Vostede ten que permanecer no seu domicilio habitual, en corentena, durante os 10 días seguintes ao último contacto que tivo co doente.

Non deberá recibir visitas no seu domicilio.

Procure ter medios para o entretemento como libros, revistas, música, televisión, etc.

Manteña as mans limpas e láveas axeitadamente, e con frecuencia, con auga e xabón, ou empregue unha solución hidroalcóolica, se dispón dela.

Evite tocar o nariz, a boca e os ollos. Se os toca, lave inmediatamente as mans.

Ventile ben a súa vivenda.

Se convive con outras persoas no domicilio que non son contactos do caso, terá que permanecer illado nun cuarto exclusivo, se isto non é posible mantéñase a 2 metros de distancia das outras persoas e manteña unha axeitada e frecuente hixiene de mans.

Se vive só, ou todas as persoas do domicilio son contactos do doente, asegúrese de que algún familiar ou amigo poida levarlle os alimentos ou outros produtos que precise. Deixarán as bolsas fóra da casa e non entrarán na vivenda para deixalas.

Mida 2 veces ao día a temperatura para ver se ten temperatura elevada (maior de 37ºC), e estea atento á aparición de síntomas (malestar xeral, tose, dificultade para respirar). Neste caso:

- Chame ao seu centro de saúde ou pida por internet unha consulta telefónica ou chame ao 900 400 116 e coméntelle que está en corentena por ser contacto dun caso de COVID-19. Non acuda directamente a un centro sanitario.

- Se convive con máis persoas afástese delas ou procure ir para un cuarto.

- Cubra cun pano o nariz e a boca cando esbirre ou tusa, senón fágao contra a flexura do cóbado e lave inmediatamente as mans con auga e xabón ou empregue unha solución hidroalcólica, de dispoñer dela.

- Os seus contactos estreitos (estar con vostede cando presentaba síntomas máis de 15 minutos a menos de 2 metros) seguirán as mesmas recomendacións que vostede, polo que ten que informalos.


Carteleria dos centros.

Cartelería que nos amosa Normas a levar a cabo no centro.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31790

 

 

NORMAS DE ACCESO AO CENTRO

NORMAS DE ACCESO AO CENTRO

Guía de buenas prácticas en las Salidas

Día do Libro

Estimadas familias:

Para conmemorar o día do Libro (23 de abril), animámosvos a colaborar nesta bonita iniciativa, "E ti, onde les?". Podedes mandar as vosas fotos ata o 30 de abril. (mirade no adxunto)

                                                                                                                       Un saúdo.

TERCEIRO TRIMESTRE

 

Estimadas familias:

 

  • Os membros do Claustro do CEIP Plurilingüe Lagostelle programaremos o terceiro trimestre, e farémosvos chegar as directrices de traballo, unha vez que recibamos as instruccións pertinentes por parte da Consellería de Educación.

 

  • Debemos agardar a que se reúnan (o mércores 15 de abril de 2020) o Ministerio de Educación coas distintas Comunidades Autónomas para poder así abordar este terceiro trimestre seguindo unhas directrices determindas, dada a situación que se está a vivir por mor desta pandemia.

 

  • Tomamos esta decisión ante a falta de instruccións por parte da Consellería e sabendo que todo o noso alumnado dispón de diversas tarefas na aula virtual para desenvolver ao longo destes días.

  

     Agardamos a vosa comprensión e que todos e todas vos atopedes ben. ÁNIMO!

                             

                                                  Un saúdo do Claustro do CEIP PLURILINGÜE LAGOSTELLE

Impresión de Material Escolar

Estimadas familias:

O Concello de Guitiriz iniciou un servizo de impresión e entrega a domicilio de deberes, fichas, exercicios ou calquera tipo de documento que se necesite.

Consultade na páxina web do concello.

https://www.concellodeguitiriz.com/gl/content/servizo-de-impresi%C3%B3n-e-entrega-domicilio-de-deberes-escolares-e-exercicios-para-os-maiores

 

                                                                                                                                                   Un saúdo.

 

 

Educación Responsable

Estimadas familias:

Desde o Equipo de Educación Responsable, seguimos xerando actividades para este tempo na casa, como sabedes son adaptacións basadas en todos os recursos do programa e para traballas en familia, potenciando o desenrolo emocional, social e da creatividade neste tempo na que é tan necesario.

Podedes acceder a estas suxerencias na parte superior da Aula Virtual.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplagostelle/aulavirtual/course/view.php?id=11#section-2

 

 

 

                                                                                                                                                       Un saúdo.

Abalar Móbil

Estimadas familias:

Indicámoslles que teñen a súa disposición o servizo de Abalar Móbil para consultar a partir do venres no seu dispositivo electrónico as cualificacións desta 2º Avaliación.

É un bo momento para que instaledes dita app aquelas familias que ainda non a tedes (app store/google play).

Aquí podedes consultar toda a información que precisades sobre dita aplicación.

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/faq/abalarmobil

 

Tedes que descargala nalgún dos móbiles do pai/nai que figuran dentro dos datos do alumno/a no centro.

Pedimosvos que neste momento só usedes o Abalar para consultar as cualificacións. Se tedes algunha dúbida lembrade que podedes enviarlle un mail os mestres(aparecen os seus correos na A.Virtual).

                                                                                                                                          Un saúdo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut