Skip to Content

Novas

Avisos ou Novidades!

Exposición 50 aniversario

Xa está dispoñible na Escola Habanera a exposición do 50 aniversario.

Exposición 50 aniversario

Corrección erros nas Instrucións comedor

Estimadas familias:

 

Recibimos hoxe mesmo unha corrección de erros que afecta ás Instrucións de comedor deste curso. Refírese, como vedes na folla, ás unidades familiares nas que non exista o matrimonio.

 

Saúdos

Corrección erros nas Instrucións comedor

Graduación e acto de aniversario

Álbum: Curso 23/24 -> Graduación e acto aniversario

Recuncho

Xa temos montado o noso pequeno recuncho, un anaquiño de escola antiga. Seguro que vos trae lembranzas. Quedou xenial!!

Temos que darlles as grazas a Escola Habanera de Santabaia e a Pepe de Pígara por cedernos todo o material.

Recuncho

Visitas

Onte visitáronnos Ita e Loli dúas mestras que pasaron moitos anos no centro e tiveron unha animada charla co alumnado de 3º EP.

Visitas

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25

 

 

 

Enlace a convocatoria

 

Forma de presentación:

  • Electrónica: utilice a aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ )  e presente solicitude na Sede Electrónica  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación   (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ), imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla).
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo (pedir cita con anterioridade).

 

- Documentación

 

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase xustificar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

O prazo remata o 21/06/24

 

 

 

Poderán recoller na secretaría (consultar horario) do centro ditos Anexos e preguntar calquera dúbida sobre o procedemento.

Un saúdo.

 

Aula multisensorial

Xa temos funcionando a nosa aula multisensorial. Quedou chulísima!!!

 

Axudas para alumnado con NEAE curso 2024-25

No seguinte enlace, pódese consultar e descargar o extracto da Resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría do Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-25.

 

                                           Resolución

Orde sobre o uso de dispositivos móbiles nos centros

Estimadas familias:

 

A Consellería publicou unha nova orde sobre o uso dos dispositivos móbiles nos centros educativos. Dita orde módificará as NOF do centro.

Menús días 20 e 21

Estimadas familias:

O menú que se nos propón para os vindeiros días é o seguinte:

 

 

1º-Xudias verdes con xamón

 

2º- Polo en salsa

 

Yogurt

 

 

1º-Macarróns con atún

 

2º - Costela asada con patacas

 

Postre / Froita

Distribuir contido


by Dr. Radut