Estimadas familias:
A organización das entradas será idéntica a do curso pasado, será escalonada para garantir que se respecten as distancias e así evitar aglomeracións
O profesorado que teña clase a primeira hora estará nas aulas agardando o alumnado.
Quendas de entrada pola maña:
9.15 - 25: entrará o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria pola porta 1 (porta pequena) e 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria pola porta 2 ( porta de provedores). Alumnado Non transportado.
9.25 - 30: entrará o alumnado de Transporte de E. Primaria pola porta 3 ( porta de transporte)
9:35 - 40: entrará o alumnado transportado de E. Infantil (mesma porta).
9,40 - 45: entrará o alumnado de E, Infantil Non transportado pola porta 1 ( porta pequena).
Aqueles alumnos/as que cheguen tarde á súa quenda terán que esperar o final para poder acceder o centro ( logo das 9.45 h).
Quendas de saída
- Mediodía (o alumnado que non se quede a comedor)
14.15 -25 h; sairá o alumnado de E Infantil e 1 º de E, Primaria (porta de transporte)
14.25-35 h: sairá o alumnado de 2º a 6º de E. Primaria (pola porta de provedores).
- Tarde
En setembro e xuño
O alumnado transportado entrará no bus de 15.15-30 h.
O alumnado Non transportado sairá entre as 15.30 e 15.40 h (saen pola porta 1 E. Infantil e 1º de EP e resto pola porta 2, a de provedores)
De outubro a maio
O alumnado transportado entrará no bus de 15.40 a 15,55 h
O alumnado Non transportado sairá do centro entre as 15.55 e as 16.05 h (mesmas portas que antes).
Pregamos as familias que sexan puntuais, dependendo das quendas pecharanse as portas de acceso, tendo que esperar fora ata que se volvan abrir.
Tamén vos pedimos que esperedes fora do recinto, un mestre acompañará o alumnado ata o súa porta de saída. E moi importante que non se formen grupos nese momento, cada proxenitor debe recoller o seu fillo e filla e deixar sitio libre para o seguinte curso.
Moitas grazas pola vosa comprensión e paciencia. Ante calquera dúbida poñédevos en contacto co voso titor/a ou co centro educativo.
Todas estas medidas facémolas tendo en conta as medidas que se nos piden e minimizando os posibles riscos.
Unha aperta.