Día da Terra e reciclaxe
Libros, xogos e iniciación a robótica.
A profe Marisol preparou unha actividade para sensibilizar sobre a importancia da reciclaxe.
Co alumnado de infantil desenvolveu unha serie de divertidas actividades para aprender a coidar o planeta, a nosa terra reflexionando sobre a importancia da reciclaxe dos residuos.
Dende a área de psicomotricidade adentrámonos cos nenos e nenas da etapa de educación infantil no mundo da robótica. Querendo mostrar así, que se poden aunar varias perspectivas como vai a ser o coidado do medio ambiente, conmemorando o “Día da terra” 22 de abril, onde o alumnado adquirirá conciencia ecolóxica a través da importancia da reciclaxe. Para levala a cabo tivemos en conta 3 elementos :
Os contos:
Como fío conductor, coa colaboración da mestra de infantil Cristina, introduciu o conto
“La rana de tres ojos”.Onde contase a historia dunha ra a cal crece nun lugar contaminado. Pronto descobre que quere cambiar as cousas. Pero non o fará sola, buscará soluciones comúns para resolvelo.
Ademais deste conto traballado nas aulas previamente coa mestra de infantil, na sesión de psicomotricidade, repasamos as distintas cores que corresponden os containers de reciclaxe a través de títulos como:
O xogo:
Co xogo da “Pilla basurilla”, dous nenos/as atrapaban o lixo, levando un churro identificativo na man debían perseguir ao resto de “basurillas”. Os que escapaban, levaron unha peza de lego na man representando as cores amarela, verde , e azul. Cada vez que eran pillados, tiñan que meterse na “planta recicladora de lixo” no seu container correspondente, delimitado pola corda da mesma cor da súa peza. Iranse intercambiando os roles.
A robótica:
Aproveitaremos para traballar o sentido do espazo da súa área cognitiva, co traballo dos eixes adiante/atrás, dereita/esquerda. Onde un robot interactivo de chan, desprazábase por unha planilla cuadriculada con diferentes “Containers” dispostos coas cores do reciclaxe. O robot a través de programalo os rapaces tiña que levar os diferentes elementos de lixo o seu container correspondente.
Por último pechamos o ciclo de actividades trasladando o aprendido a realidade, saindo a mestra Cristina a realizar unha batida de recollida de lixo, polo patio escolar onde posteriormente se reciclaba ao contenedor correspondente.
Podedes ver o video na galeria de imaxes:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=4579