Skip to Content

LETRAS GALEGAS

        

Calicreando na semana das Letras Galegas coa clase de 5ºB.

O grupo investigou sobre esta celebración, sobre o escritor homenaxeado este ano Florencio Delgado Gurriarán e sobre a súa obra.

Elixiron un fermoso poema para realizar unha actividade multidisciplinar combinando a lectura do poema e a escritura dos versos en CDs de reciclaxe, a artística coa creación de imaxes a partir dos versos e as novas tecnoloxías coa aplicación cromakey, realizando un traballo cooperativo.

Posteriormente os CDs utilizáronse para xogar á busca do tesouro, "dos versos perdidos" que cada quen escondeu no patio para que a clase de 1ºA os atopara. Todos oa CDs atopados quedaron a disposición da clase de 3ºB que se encargou de ordear e colocar os versos no mural e de ler o poema.

 

        

 

O video está na galería de imaxes:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=4676

 



blog | by Dr. Radut