Skip to Content

Blogues

Día da Muller

 


Dentro das novidades da Caloteca temos dous libros que nos presentan a biografía de mulleres galegas, Pioneiras, que abriron camiño. Donas de si que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba.

Como actividade propuxemos coñecer a historia de algunha destas mulleres e repartimos as biografías por clases.

P

Presentámolas neste video:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/thumbnails.php?album=119

 

Ademais compartimos dous recursos dixitais moi interesantes:

Escape Room virtual para conmemorar o 8 de marzo

 

https://sites.google.com/ceipjuanadevega.com/escapefemonline/inicio

 

Presentación con pictogramas, de mulleres importantes da historia

 

https://creandoenespecial.blogspot.com/2019/03/dia-de-la-mujer.html?m=1

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Dende a Caloteca conmemoramos o Día de Rosalía de Castro con actividades para coñecer a súa figura  e a súa obra: investigamos, lemos, escribimos, fixemos un mural colaborativo que podedes ver na galería de imaxes 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=3344

 

 

E tamén podedes ver o video do grupo de 6ºB, que improvisou o fermoso poema  Adeus ríos, adeus fontes,   ao son da guitarra do mestre Marcos!

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=115&pid=3343#top_display_media

 

 

La princesa rebelde

 A clase de 5ºB gravou un conto titulado La princesa rebelde, pasárono fenomenal xa que  é unha divertida historia  dunha princesa aventureira, traviesa cunhas amizades pouco habituais...

 

 

 

 
 

Día da Muller e a Nena na Ciencia

 

                                            

                                           https://www.youtube.com/watch?v=Hmxotkshn_0

 

 

Co gallo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, a Caloteca propón unha actividade de coñecemento e recoñecemento  dalgunhas daquellas mulleres que romperon barreiras e destacaron nun mundo de homes e que pese aos  seus logros, na ciencia e tecnoloxía, en moitos casos foron inxustamente invisibilizadas. Una actividade para crear referentes que acheguen ás nenas ao mundo da ciencia e que podedes desenvolver consultando os libros seleccionados na biblioteca, ou on line coa Tabla Periódica das Científicas :

https://11defebrero.files.wordpress.com/2018/11/la-tabla-periocc81dica-de-las-cienticc81ficas-enlaces.pdf

                                                 

 Ademais a clase de 3ºA fixo un experimento científico, que as nenas explican neste video:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/thumbnails.php?album=112

 

Plantas purificadoras do aire

PLANTAS PURIFICADORAS DO AIRE

O curso pasado o Equipo da biblioteca e o grupo de 6ºA  fixeron un traballo sobre a outro elemento  do medioambiente a flora. Investigaron e descubriron un estudo da NASA sobre unha serie de plantas purificadoras do aire, que ademais de eliminar o CO tamén son capaces de eliminar o resto de substancias  nocivas presentes no aire. Na actualidade o aire das nosas casas encóntrase en peores condicións debido ao noso estilo de vida que fai que aparezan cada vez máis productos químico-sintéticos (plásticos, fibras sintéticas, madeiras aglomeradas, PVC, pinturas e barnices, disolventes... etc.) que liberan compostos orgánicos volateis, que dependendo da súa concentración poden afectar a saúde das persoas. Para coñecelas temos na Caloteca un xogo de parellas tipo memory coas fotos de algunhas destas plantas.
Este curso continuamos co proxecto e decidimos poñer plantas nas nosas aulas. Seleccionamos a  CINTA, unha das plantas con máis poder de purificación do aire (Poden reducir o formalheido, o xileno e o CO), máis resistentes e fáciles de coidar.
 
                                                      
 
É unha planta perenne de follas alongadas de cor verde conha banda branca, orixinaria de África.
Como planta de interior desenvólvese perfectamente nunha estancia ben iluminada pero sen exposición directa ao sol, cunha temperatura constante e nun ambiente non demasiado seco. O máis importante é manter un nivel de humidade constante, asi o rego nos meses frios será 1 á semana e nos meses cálidos 2 sen encharcar.
 
 
 
Moitísimas grazas apola súa  desinteresada 
 colaboración  co noso proxecto.
 
 
 
 

Imos contar un conto

 Antía, Gaía, Marta e Uxía de 5ºA  participaron na actividade  da Caloteca "Imos contar un conto",  debuxando os personaxes de  ¿A qué sabe la luna?, para que formen parte da biblio como  xogo-conto (no que cada quen pode ler e xogar manipulando os animais para contar a historia) O Equipo preparou o escenario do conto e realizou un video que podedes ver na galería de imaxes do centro.
 
 
 
 

Semana da Paz

Dende a  Caloteca conmemoramos o Día da Paz 
con lecturas, cancións, videos, xogos, "receitas" e símbolos de Paz.
Podedes ver unha pequena mostra na galeria de imaxes da web do centro
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

SEMANA DA PRENSA

                                                               DSC02062.JPG

 

 

Día da Árbore

 

Na Caloteca temos un montón de libros que nos achegan ao mundo das árbores, unhas veces curioso outras enigmático e sempre emocionante. Todos estes libros teñen en común un profundo respecto e admiración polas árbores. Algúns fano dende unha perspectiva etnobotánica, outros máis ben dende a ecoloxía destacando a importancia das árbores en todos os ámbitos da vida humana e alertando do perigo que supón para a nosa supervivencia a destrucción dos bosques.

 

                    

 

No noso cole temos a sorte de desfrutar de espacios verdes e árbores, onde podemos xogar, bailar, pintar, investigar, ler... e vivir todas as estacións do ano.

                        

 

                        

 

                                        

                                 Coidemos as árbores porque elas coidarán de nós.

 

                                      

Distribuir contido


by Dr. Radut