Skip to Content

Blogues

Día do Ensino

Conmemoramos o Día do Ensino co grupo de 3º B e o poema ao mestre de Gabriel Celaya. 

Desenvolvemos a expresión oral e a escrita, destacamos as palabras máis significativas para

nós, despois seleccionamos obxectos que atopamos no cole e asi compoñer o mura

l conmemorativo. Creamos o noso bodegón, fotografiamolo, engadimos outros

elementos dixitalmente, imprimímolo e  plastificámolo para expoñelo na ventá da Caloteca.

 

                                    

 

  Ademais grabamos un vdeo que colgamos na galeria de imaxes:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=126&pid=3689#top_display_media

 

                                          

CALICREANDO

 

                                       

 

 

Calicreando

É o nome do Proxecto Documental Integrado que este curso 2021-22 vaisdesenvolver dende a Caloteca, coa colaboración de todo o centro.

Básicamente trátase de que a biblioteca sexa un espazo concebido para que as persoas seconecten e creen, aberto a que oalumnado sexa o protagonista, o responsable de crear, inventar aprender. 

A biblioteca propicia este encontro, colaboración e asunción do reto ofertando  espazosequipos ferramentas necesarias para levar a cabo o proxecto así como o seu papel asesor e de guía ao longo do mesmoIgualmente as actividades poderanse desenvolver nas aulas e a biblioteca xestionará o préstamo dos recursos necesarios ás mesmas.

Sendo a creatividade (capacidade para inventar ou crear) un tema tan amplo pódese desenvolver calquera actividade de ámbito escolar, que posteriormente rexistraremos (con fotos ou videos) e compartiremos no blogue da biblioteca, da páxina web do centro.

Estas actividades vanse vertebrar ao redor de diferentes conmemoracións.

 

Visita de Vero Boquete

                                                       Había una vez unha nena que conseguiu o seu soño... 

                                                              Vero Boquete<br />

                                                                              Vero Boquete futbolista profesional

 

O pasado mércores 9 de xuño tivemos o privilexio de contar coa presencia dunha das mellores futbolistas do mundo Vero Boquete, pioneira no futbol español e  loitadora pola igualdade no fútbol.

Desfrutamos da compañía dunha grande futbolista e tamén dunha grande persoa cun corazón enorme, cariñosa, cercana, accesible, carismática, loitadora, tenaz e cos pés na terra. Agradecida coa vida na que pelexou moito para vencer moitas barreiras.

Para a ocasión fixemos un mural e uns debuxos, entregámoslle os marcapáxinas que fixemos coa súa imaxe e  tamén regalámoslle un polbo de moitas cores.

Temos que agradecer a Ana, mamá de Lucía 1ºA, a súa colaboración para facer posible este encontro e por suposto a Vero Boquete!!

                                                                                  

 

Non poidemos ver os seus sorrisos debaixo das máscaras, pero víamolos no brillo dos seus ollos.

Unha visita que quedará na memoria e no corazón de nenas, nenos e profesorado. O curso 2020-21 será recordado como o de Vero Boquete.

Podedes ver as fotos na galería de imaxes:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=122&pid=3688#top_display_media

 

Imos contar un conto

 

Xa están na galería de imaxes os vídeos, que realizaron as familias do grupo de infantil co gallo do Día do Libro, encántannos !!!

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Aqui tedes un exemplo, o resto podédelos ver na galería:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/thumbnails.php?album=104

 

 

Día Mundial do Medioambiente

 

                                                            

O 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medioambiente e Caloteca quere axudar a concienciar da importancia de frear a perda de diversidade, porque a biodiversidade é saudable para os ecosistemas, cunha exposición do traballo realizado polos grupos de cuarto de primaria o ano pasado sobre os animais en perigo de extinción.

Podedes velo no patio cuberto e tamén na galería de imaxes:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=125&pid=3656#top_display_media

 

 

Caloteca renovada

O Equipo de Biblioteca renovou o mobiliario da Caloteca e realizou unha nova distribución dos espazos para un mellor aproveitamento dos mesmos.

 

 
 

 

 

Día do Libro "O noso libro favorito"

 

 

                                            Fixemos un precioso mural coas fotos dos nosos libros favoritos.

                                                   "Os libros son como as amizades, nunca temos demais"

                                                   

 

Día da Terra

Hoxe 22 de abril conmemórase o Día da terra para concienciar sobre a importancia

de coidar e protexer o noso planeta .

 

 

 

Dende a Caloteca propuxemos unha actividade relacionada co noso proxecto medioambiental,

limpeza da basuraleza das zonas verdes do patio. 




 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 
Lembra utilizar as papeleiras porque todos os días son Días da Terra.
 
 
 

 

Quero ser como Vero Boquete

Temos un novo proxecto na Caloteca que se centra na figura dunha pioneira do fútbol feminino que co seu talento, esforzo e ilusión é unha das mellores futbolistas do mundo.

Vero Boquete

                                                 Vero Boquete<br />

                                                          

                          Vero envióunos un saúdo, que nos fixo moitísima ilusión!!!!   

                                          Na galería de imaxes podedes ver o vídeo:

             http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=3584

 

 

             Xa empezamos a buscar información para coñecer un pouco máis da súa vida e descubrimos

                                     que o seu aniversario é o 9 de abril, asi que Parabéns Vero!   

                                          Na galería de imaxes podedes ver o vídeo:

            http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=3585

Continuamos co noso proxecto colaborativo de investigación sobre Vero Boquete  e rematámolo realizando un sorteo do concurso "Canto sabes sobre Vero Boquete".

                                               

 

 

 Sorteamos un montón de premios: marcapáxinas, axendas, contos, libros de fítbol e dous balóns de fútbol!

 

 

 

                                   Parabéns!!!! 

Mes do Libro

 
 A Caloteca empeza o Mes do Libro con variadas actividades de dinamización da lectura, a primeira:
Adopta un libro vello
 
O expurgo dos fondos da biblioteca bríndanos a oportunidade de levar a casa libros vellos que remataron a súa vida de préstamo escolar, pero que agora poden seguir acompañando o noso tempo de lecer na casa.
Fixemos unha selección por idades e colocámolos en diferentes espazos a disposición de todo o alumnado por quendas.
                                                                             
 
 
Pasámolo fenomenal!
Grazas pola vosa participación!
Distribuir contido


by Dr. Radut