Skip to Content

blogue deadministrador

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018/19

Estas axudas están dirixidas a alumnado de PRIMARIA. Existen tres modalidades:

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, así como para alumnado cunha discapacidade ≥ 65%.

- Fondo solidario de libros de texto (préstamo de libros): alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º, e 6º de EP.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP. 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).

O ALUMNADO DE 6º DE EP entregará a solicitude no centro no que estea admitido para o curso 2018/2019. No caso de non estar admitido en ningún deberán traelo ao colexio para proceder a súa tramitación.

Poden consultar máis información descargando a Orde que se adxunta. 

 

A dirección

 

 

CHARLA: EDUCACIÓN EMOCIONAL

A Conselleríade Cultura, Educación e Ordenación Universitara invita ás familias a asistir a unha formación titulada A educación a debate que consta de varias sesións sobre distintos temas. O próximo mércores, 23 de maio, en horario de 18:00 a 20:00, no salón do CFR de Vigo (Camiño do Chouzo, nº 2 , 36208, Vigo ) terá lugar unha charla sobre Educación emocional a cargo de Raquel Pedrouso Carreira.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNOS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. CURSO 18/19

Poden consultar a listaxe de admitidos e non admitidos descargando o documento adxunto.

A dirección

ABISMOS, CAMIÑOS E PONTES. Educación sexoafectiva responsable

Esta charla está dirixida a pais, nais e docentes da educación secundaria de centros de ensino público.
Será unha taller de coñecemento sobre diferentes recursos e alternativas para lograr un diálogo afectivo entre familia, docentes e fillos, que fomente a autoestima e coidado responsable da saúde física e emocional da rapazada. Será impartido por Sandra Verba Szerman, formada en Psicoloxía Social, psicomotricidade e terapia Gestalt.
Inscricións ata o 16 de maio no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com
 
Cando: Luns 21 de maio de 2018
Hora: de 17 a 19 horas
Onde: IME Camiño do Chouzo Nº 2 (Vigo)

ENFADOS, GRITOS, RABIETAS

Esta charla está dirixida a nais, pais e docentes da educación infantil, primaria e secundaria dos centros de ensino público.

Cando: Xoves 10 de maio de 2018

Hora:de 17:00 a 18:30

Onde: CEP Celso Emilio Ferreiro (Rúa Porriño – Vigo) (Zona Coia)

 

A diario atopamos situacións que elevan o noso nivel de estrés, limitando o noso tempo porque precisamos facer todo á présa, entrando nun círculo de nervios e ansiedade. É entón cando a desobediencia dos nosos fillos/as nos produce maior estrés e desbordamento. Como xestionar situacións estresantes da nosa vida familiar? Como enfrontarnos a unhas emocións difíciles dxs nosxs nenxs?

A pedagoga Agnieszka Morawiecka, ofrecerá ferramentas para afrontar estas difíciles e incómodas situacións.

 

Inscricións ata o 9 de maio no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com        

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. CURSO 18-19

Poden descargar o listado de persoas admitidas e non admitidas abrindo o arquivo adxunto. Están ordenadas segundo a puntuación obtida no baremo. Poden consultar a puntuación acadada na secretaría do colexio ou na aplicación de "admisiónalumnado".

As reclamacións faranse do día 26 de abril ao 7 de maio ambos días incluídos.

Os listados definitivos publicaranse antes do día 15 de maio.

 

COMUNICACIÓN AUMENTATIVA E ALTERNATIVA. ELABORACIÓN DE MATERIAIS E RECURSOS

O CFR (Centro de Formación e Recursos do Profesorado) organiza o curso "Comunicación aumentativa e alternativa. Elaboración de materiais e recursos".

Está dirixido ao profesorado e ás familias. David Romero e José Manuel Marcos, responsables do portal ARASAAC, serán os encargados de ensinarnos estratexias para utilizar os pictogramas como ferramenta de comunicación.

A actividade terá lugar no VERBUM CASA DAS PALABRAS (Avenida de Samil Nº 17) o sábado 28 de abril de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

As persoas interesadas poden inscribirse vía telefónica no 986 298 812 ou no correo electrónico foanpas@foanpas.com ata o 26 de abril.

 

OBRADOIRO FAMILIAR: "INTERACCIÓNS SOCIAIS, PRIVACIDADE E SEGURIDADE NA REDE"

Coñece os videoxogos aos que xogan os/as seus/súas fillas/os ou alumnos/as? E as redes sociais nas que se moven? Como se relacionan en internet? De maneira diferente, adaptando os contidos a cada grupo trataranse estes temas así como redes sociais, web 3.0, privacidade, seguridade, identidade dixital ou seguridade na rede.

Esta  obradoiro está dirixido ao alumnado de ESO e a nais, pais e docentes, conformándose dous grupos de traballo: o da rapazada e o dos/as adultos/as. As persoas encargadas de desenvolver o obradoiro son María Lobo e Roi Guitián, de Gingko Comunicación e Educación.

A actividade terá lugar no IME (Camiño do Chouzo nº 2) de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 o día 5 de MAIO 2018 (sábado). Os/as interesados/as podedes inscribirvos vía telefónica: 986298812 ou no correo electrónico: foanpas@foanpas.com ata o 4 de maio. Prazas limitadas!!

ALTAS CAPACIDADES ¿MITO OU PERSOA?

ANTENAS WI - FI: REPERCUSIÓNS NA SAÚDE

A Federación Olívica de Asociacións de nais e pais de alumnos de Vigo e Comarca, FOANPAS, convida á comunidade educativa á charla informativa ANTENAS WI-FI: REPERCUSIÓNS NA SAÚDE que se levará a cabo o mércores 11 de abril de 2018 de 17:00 a 18:00 no IME (Camino do Chouzo Nº 2, Vigo)

Estará impartida por Xulio Carmona, vogal de contaminación electromagnética da Federación Ecoloxista Galega.

Inscricións ata o 10 de abril no 986 29 88 12 ou en foanpas@foanpas.com

 

Distribuir contido


by Dr. Radut