Skip to Content

blogue deadministrador

FESTIVAL DE ENTROIDO

Estimadas familias:

O venres día 1 de marzo o centro vai celebrar o entroido.

O acto realizarase no patio (pista de fútbol) se o tempo o permite. Se non fose posible, será no pavillón do centro e non poderán asistir as familias.

O acto comezará ás 12:15 h (as portas abriranse 5 minutos antes). Os asistentes deberán colocarse nos laterais da pista de fútbol, que estará marcada cunhas cintas.

Lembramos:

Non todas as familias autorizaron a toma de imaxes dos seus fillos. Se alguén as fai será baixo a súa responsabilidade quedando o centro libre de posibles actuacións.

A duración aproximada do acto será de 40 minutos.

Grazas pola vosa colaboración

Un saúdo

A dirección

RESERVA DE PRAZA PARA O IES ROSAIS 2

As familias do alumnado de 6º de primaria interesadas en matricular aos seus fillos/as no IES Rosais 2 deben facer unha reserva de praza  entre o día 1 e 15 do mes de febreiro. Poden optar por unha destas dúas posibilidades:

1. Poden pasar por secretaría do noso centro a recoller a instancia. Unha vez cuberta deben entregala no noso colexio.

2. Poden cubrir a instancia en www.edu.xunta.es/admisionalumnado, optando por:

- imprimila e entregala no noso colexio 

- presentala en Sede Electrónica a través da aplicación (con certificado dixital ou chave365)

Se necesitan axuda poden chamar ao centro en horario de secretaría. Non se esquezan de que o prazo remata o día 15 deste mes de febreiro.

Como arquivo adxunto poden descargar a instancia e un breve manual.

A dirección

INFORMACIÓN IMPORTANTE:

A dirección do IES Rosais 2 informa dos criterios para a adxudicación das seccións bilingües.

- Alumnos que teñan unha nota de Inglés no curso precedente igual ou superior a 7.

- No caso de haber un maior número de demandas que prazas existentes nos cursos con sección bilingüe, procederase á elección de alumnos/as participantes de dita sección, utilizando a letra xurdida no sorteo da Consellería de Educación para o desempate na orde de admisión de alumnado para os centros sostidos con fondos públicos.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Os días 19 de febreiro ás 16:30 e 26 de febreiro ás 17:30 levaranse a cabo as xornadas de portas abertas. As familias interesadas en asistir deben chamar ao centro, no teléfono 886111087 para apuntarse.

Un saúdo

A dirección

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ

Informamos ás familias que a celebración do día da paz realizarase no pavillón.  Por problemas de aforo NON PODERÁN ASISTIR OS PAIS.

A dirección

 

6º MUSICAL FAMILIAR BENÉFICO

O 6º Musical Familiar Benéfico levará a escea unha adaptación teatral da obra “Peter Pan” interpretado polos familiares da Asociación Aboal.

Este espectáculo terá lugar no Auditorio Mar de Vigo o vindeiro sábado 26 de Xaneiro ás 17:00 hs. O prezo das entradas é de 5€ + 1kg de alimentos, en beneficio do Banco de Alimentos e da Asociación Aboal. 

Máis información descargando o arquivo en PDF.

Feliz 2019!

Os mestres do CEIP García Barbón desexámosvos un próspero e feliz aninovo! 

  

ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA AS FAMILIAS: Claves para un bo uso das redes sociais

        O CFR de Vigo invita ás familias a participar na seguinte sesión formativa:

 

-       Claves para un bo uso das redes sociais no IES A Guía, o día 13 de decembro de 2018 en horario de 17:00 a 20:00

 

Para asistir a dita sesión poden inscribirse a través do correo electrónico cfr.vigo@edu.xunta.es ou a través do teléfono 986202370

 

Un saúdo

 

A dirección

 

 

ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA AS FAMILIAS

O CFR de Vigo invita ás familias a participar nas seguintes sesións formativas:

  • Claves para unha convivencia positiva, con Pedro Uruñuela Nájera no  IES A Guía O día 28 de novembro de 2018 en horario de 17:00 a 20:00.


  • Dificultades na aprendizaxe da lecto-escritura. Alumnado con dislexia, con Luz Rello no  IES A Guía o día 4 de decembro de 2018 en horario de 18:00 a 19:30.

 Para asistir a ditas sesións poden inscribirse a través do correo electrónico cfr.vigo@edu.xunta.es ou a través do teléfono 986202370.

 

Un saúdo

 

A dirección

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS A REPRESENTANTES DO SECTOR PAIS

Unha vez finalizado o prazo de reclamación ás candidaturas presentadas para a elección dos representantes das nais/pais/titores no CONSELLO ESCOLAR do centro, a Xunta electoral deste Colexio procede a PROCLAMAR as seguintes:

 

                                                  1. Herminia Álvarez Basalo

                                                  2. Pilar Saínza Arias Cerdeiriña

                                                  3. Maite Pena Rodríguez

                                                  4. Marta Susana Tobío Reboreda.

 

Un saúdo

 

A dirección

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Este curso 2018-2019 corresponde facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centro. No sector de nais/pais/titores renovaranse catro membros, dos cales un será proposto pola ANPA. Como xa sabedes o pasado día 25 de outubro realizouse o sorteo mediante o cal se procedeu a designar aos membros da Xunta Electoral, encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar, resultando:

  • Vanesa Rodríguez Araújo (presidenta)
  • Beatriz Fraga (mestra)
  • Esther Fidalgo (nai)
  • Severino Sánchez (PAS)

O día 6 de novembro constituíuse a Xunta Electoral e estableceuse o seguinte calendario de actuacións:

Do 7 ao 13 de novembro (das 9:00 do día 7 ata as 14 horas do día 13 de novembro, na secretaría do centro)

 

  • Reclamacións aos censos.         
  • Prazo de presentación de candidaturas.

Mércores 14 de novembro:

 

  • Proclamación e posterior publicación de candidaturas presentadas.
  • Aprobación definitiva de censos electorais.
  • Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais. 

 

Días 15 e 16 de novembro.

 

  • Prazo de reclamación á proclamación das candidaturas 

Día 19 de novembro.

 

  • Proclamación definitiva de candidaturas.  

 

Martes 27 de novembro: 

 

  • Votación dos pais, nais e titores do alumnado, de 9:00 a 10:00 e de 13:30 a 14:30. horas.

Xoves 29 de novembro.

 

  • Proclamación e publicación de candidatos electos.

Máis información no arquivo adxunto.

 

 A dirección

 

Distribuir contido


by Dr. Radut