Skip to Content

RESERVA DE PRAZA PARA O IES ROSAIS 2

As familias do alumnado de 6º de primaria interesadas en matricular aos seus fillos/as no IES Rosais 2 deben facer unha reserva de praza  entre o día 1 e 15 do mes de febreiro. Poden optar por unha destas dúas posibilidades:

1. Poden pasar por secretaría do noso centro a recoller a instancia. Unha vez cuberta deben entregala no noso colexio.

2. Poden cubrir a instancia en www.edu.xunta.es/admisionalumnado, optando por:

- imprimila e entregala no noso colexio 

- presentala en Sede Electrónica a través da aplicación (con certificado dixital ou chave365)

Se necesitan axuda poden chamar ao centro en horario de secretaría. Non se esquezan de que o prazo remata o día 15 deste mes de febreiro.

Como arquivo adxunto poden descargar a instancia e un breve manual.

A dirección

INFORMACIÓN IMPORTANTE:

A dirección do IES Rosais 2 informa dos criterios para a adxudicación das seccións bilingües.

- Alumnos que teñan unha nota de Inglés no curso precedente igual ou superior a 7.

- No caso de haber un maior número de demandas que prazas existentes nos cursos con sección bilingüe, procederase á elección de alumnos/as participantes de dita sección, utilizando a letra xurdida no sorteo da Consellería de Educación para o desempate na orde de admisión de alumnado para os centros sostidos con fondos públicos.

AdxuntoTamaño
reserva de praza curso 19-20.pdf1.04 MB
reserva de plaza curso 19-20.pdf1.04 MB
manual_familias_reserva.v.03.pdf153.92 KB


blog | by Dr. Radut