As familias do alumnado de 6º de primaria interesadas en matricular aos seus fillos/as no IES Rosais 2 deben facer unha reserva de praza entre o día 1 e 15 do mes de febreiro. Poden optar por unha destas dúas posibilidades:
1. Poden pasar por secretaría do noso centro a recoller a instancia. Unha vez cuberta deben entregala no noso colexio.
2. Poden cubrir a instancia en www.edu.xunta.es/admisionalumnado, optando por:
- imprimila e entregala no noso colexio
- presentala en Sede Electrónica a través da aplicación (con certificado dixital ou chave365)
Se necesitan axuda poden chamar ao centro en horario de secretaría. Non se esquezan de que o prazo remata o día 15 deste mes de febreiro.
Como arquivo adxunto poden descargar a instancia e un breve manual.
A dirección
INFORMACIÓN IMPORTANTE:
A dirección do IES Rosais 2 informa dos criterios para a adxudicación das seccións bilingües.
- Alumnos que teñan unha nota de Inglés no curso precedente igual ou superior a 7.
- No caso de haber un maior número de demandas que prazas existentes nos cursos con sección bilingüe, procederase á elección de alumnos/as participantes de dita sección, utilizando a letra xurdida no sorteo da Consellería de Educación para o desempate na orde de admisión de alumnado para os centros sostidos con fondos públicos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
reserva de praza curso 19-20.pdf | 1.04 MB |
reserva de plaza curso 19-20.pdf | 1.04 MB |
manual_familias_reserva.v.03.pdf | 153.92 KB |