Skip to Content

blogue deadministrador

INFORMACIÓN SOBRE O COMEDOR ESCOLAR

Achegamos como arquivo adxunto o documento da ANPA no cal se explican os pagos do comedor:

- As cotas do comedor escolar son cobradas mes vencido, é dicir, a cota que se cobrou non mes de marzo é a correspondente ao mes de febreiro.

- Neste mes de abril cobraranse só a primeira quincena do mes de marzo, polo que ás familias se lle cobrara a metade do importe da cuota mensual, que varía dependendo da asistencia semanal cada neno/a.

- No caso das persoas que asisten de forma esporádica ao comedor o cobro será coma sempre, se cobraran só os días de asistencia do mes de marzo.

- Debido a que neste momento no temos acceso o programa necesario para pasar os recibos non sabemos cando se emitirán, pero intentaremos coma sempre entorno ao día 10.

- Ás familias becadas se lles informou das medidas aprobadas polo concello de Vigo.

Para calquera cuestión o teléfono e mail do Anpa seguen operativos

Un saúdo

INFORMACIÓN PARA A SEGUNDA QUINCENA DE CONFINAMENTO

 

 

Estimadas familias:

Tendo en conta que o estado de alarma vaise prolongar durante dúas semanas máis procedemos a facilitarvos a seguinte información:

- A segunda avaliación dase por rematada a día 13 de marzo. Os docentes avaliarán ao alumnado tendo en conta as tarefas realizadas ata esa data. Poderán consultar os boletíns de cualificacións a través da aplicación abalarmóbil, a partir do venres 3 de abril ás 14:00.

- Achegamos as tarefas para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril. Poden consultalas en "adxuntos", ao final deste aviso. Se necesitan algunha aclaración poden poñerse en contacto coas mestras.

- Do día 6 ao 13 de abril son as vacacións de Semana Santa. Para este período non haberá tarefas ou actividades programadas. 

- Becados de comedor. Estamos á espera de recibir información oficial no centro sobre as axudas existentes. Tan pronto a teñamos enviaremos un abalar ás familias que necesiten acollerse a estas. 

Estean pendentes da páxina web e o abalarmóbil, xa que seguiremos informando a través destes medios. 

Unha aperta enorme para todos.

A dirección

TAREFAS PARA O ALUMNADO

Bo día

Achegamos como arquivos adxuntos as tarefas a realizar polo ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA durante a suspensión do período lectivo. 

Recordámoslles que, excepcionalmente, estaremos abertos hoxe 16 de marzo de 9 a 14 horas para entregar ás familias os materiais didácticos que aínda están por recoller. 

Recordamos que o profesorado estará á disposición das familias a través do correo electrónico e o abalarmóbil.

Permanezan atentas á páxina web do centro e o abalarmóbil xa que serán os medios utilizados para informar das novas que vaian xurdindo. 

Grazas pola colaboración.

A dirección.

 

 

CESE DAS ACTIVIDADES LECTIVAS. INFORMACIÓN IMPORTANTE.

Seguindo instrucións da Consellería os centros educativos permanecerán pechados a partir do día 16 de marzo. 

Para dar continuidade ao proceso de aprendizaxe do alumnado as mestras e mestres prepararán actividades que publicarán nesta misma páxina web. De 9:00 a 14:00 estarán a disposición das familias a través do abalarmóbil e/ou o correo electrónico. Excepcionalmente abriremos o centro este luns 16 de 9 a 14h, para entregar os materiais (libros, libretas...) ás familias que aínda non pasaron a recollelos.

Mantéñanse atentos á páxina web, xa que a través deste medio iremos informando de todas aquelas novas que xurdan durante este tempo.

O teléfono do colexio estará operativo unicamente para urxencias. Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro a través do correo electrónico ceip.garcia.barbon@edu.xunta.es 

Grazas pola colaboración.

Un saúdo

A dirección

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19

Estimadas familias

Seguindo as instrucións dadas pola Consellería:

- Suspéndese todo tipo de actividade lectiva, incluídos tamén os servizos educativos complementarios, PROA, o comedor e servizo de madrugadores. A suspensión da actividade lectiva vai prolongarse os vindeiros 15 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020. Recomendamos ás familias que, de ser posible, mañá non traian aos nenos ao centro para evitar contaxios. Informaremos ás familias a través do abalar do procedemento para recoller o material necesario para traballar durante ese tempo. 

Poden consultar a información completa no seguinte enderezo:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30531

Grazas pola colaboración.

A dirección.

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

 

Informamos ás familias de que tan pronto recibamos instrucións por parte da Consellería serán informados sobre a suspensión das actividades lectivas e extraescolares. Esta información publicarase a través da aplicación abalarmóbil e no taboleiro exterior do centro. 

Un saúdo

A Dirección

ADMISIÓN ALUMNADO. CURSO 2020- 2021

 

 POSTOS ESCOLARES OFERTADOS.

4º Inf

5º Inf

6º Inf

1º Prim

2º Prim

3º Prim

4º Prim

5º Prim

6º Prim

44 + 6 NEAE*

0

0

0

0

0

2

0

0

 *Inicialmente reservados para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (atendendo ao disposto no artigo 3º.2 da Orde do 12 de marzo de 2013).

 ** fe de erratas: As dúas prazas de primaria corresponden a cuarto de primaria.

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA.

Presentación da solicitude de admisión

1 ao 20 de marzo na aplicación/23 de marzo no centro

Presentación listaxe provisional

O 25 de marzo

No caso de haber máis solicitudes que prazas:

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

 

do 26 de marzo ao 8 de abril

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

antes 25 de abril

Reclamacións ás listaxes (5 días hábiles despois da publicación destas)

Do 27 de abril ao 1 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

antes do 15 de maio

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria

do 20 ao 30 de xuño

 

PROCEDEMENTO PARA CUBRIR A SOLICITUDE

 Pódese facer a través dun dos seguintes procedementos:

1.- Cubrindo e entregando no centro de primeira opción o impreso que está a súa disposición na citada aplicación ou na secretaría do centro.

 2.-. A través da aplicación <admisionalumnado>

(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Cubren o formulario de admisión a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear solicitude de admisión. Feito eso poden optar por:

  • Cubrir e imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que queren matricular ao seu fillo ou filla en primeira opción.
  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación.

 CONSULTA DO ESTADO DAS SOLICITUDES

O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes:

 -      A través da aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

PUNTUACIÓN NO BAREMO

Se o número de solicitudes é superior ao de prazas dispoñibles, aplicaranse os seguintes criterios:

  • Existencia de irmás ou irmáns matriculadas/os no centro: 8 puntos polo primeira/o e 2 puntos por cada unha/un dos restantes
  • Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro: 3 puntos
  • Proximidade do centro ao domicilio familiar:

             a) área de influencia 6 puntos
             b) área limítrofe á área de influencia 3 puntos.

  • Proximidade ao lugar de traballo dos proxenitores ou titores:

             a) área de influencia 4 puntos
             b) área limítrofe á área de influencia 2 puntos.

  • Renda anual per cápita da unidade familiar, respecto ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM):

                   a) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.
                   b) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.
                   c) Se é igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: 1 punto.
                   d) Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.

  • Condición de familia numerosa: Por pertencer a familia numerosa de categoría especial: 3 puntos e por pertenza a familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos.

  • Condición de familia monoparental: 2 puntos
  • Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en calquera dos seus proxenitores, titores, irmás ou irmáns: 

                      a) Por discapacidade da alumna ou alumno: 4 puntos.
                      b) Por discapacidade dunha/un das/dos proxenitoras/es ou titoras/es: 3 puntos.
                       c) Por discapacidade dalgunha/un das/dos irmás/áns da alumna ou alumno: 1 punto por cada unha/un delas/es.

  • Criterio establecido por cada centro educativo (solicitar un centro público): 1 punto

Poden consultar toda a información descargando o arquivo adxunto.

 

A dirección

 

ENTROIDO 2020. Programación de actividades.

XORNADA PARA AS FAMILIAS NO IES ROSAIS 2

O IES Rosais 2 organiza unha xornada de portas abertas para as familias daqueles alumnos que estean interesadas en coñecer o seu centro. Realizarase o día 12 de febreiro ás 19:00.

Achegamos como arquivo adxunto a invitación do IES e a circular informativa do noso centro na cal se informa do proceso de reserva de praza para este centro, ao cal que estamos adscritos.

Distribuir contido


by Dr. Radut