Con motivo da celebración do "Día do Libro infantil e xuvenil" o 2 de Abril.
Celebramos no colexio unha QUINCENA DO LIBRO con un lote de actividades de animación á lectura nas que participou todo o colexio.
Tivemos moitas visitas neses días, con actividades de contacontos de todo tipo: Mario Tomás, co seu persoaxe inventado "Marioneto"; Abraham Carreiro, un ilustrador de contos que nos ensinou trucos de debuxo; Iago o contacontos dos xestos infinitos; e Ánxela Loureiro, quen lle puxo música, ritmo e cancións aos relatos:
E ademais, tamén participamos aos nenos/as como contacontos, pois por ciclos tamén nos lemos contos durante o recreo: os de 5 anos de educación infantil, os de 1º , 2º e 3º ciclo de Primaria:
Tamén se organizou un maratón de lectura de "Memorias de un neno labrego" do célebre autor Neira Vilas por parte dos nenos máis maiores do colexio, 2º e 3º ciclo de E.P.:
E para presumir do ven que quedaron os contos viaxeiros de Educación Infantil, as mestras proxectáron cada un dos libros electrónicos:
E tamén para presumir da gran imaxinación que teñen, os nenos/as de 1º ciclo ensináronnnos e deleitáronnos coa lectura dos seus "Contos de Peto", ¡maravillosos!:
E xa por último, tamén un meste asignado a cada ciclo fixo de contacontos, neste caso Ana para E.I, Mª José para 1º ciclo, Mariano para 2º ciclo e Xoanca para 3º ciclo:
Eses días foron toda unha festa no colexio, unha festa chea de lecturas, contos, letras, voces, cancións, relatos, risas, aprausos, xogos, e máis... e máis... máis...
Todo iso que fai a lectura tan agradable
Así da gusto vir ao cole :)
A asociación de sordos púxose en contacto con nós para fecer unha pequena actividade de animación a lectura moi especial.
E por iso, que visitounos PALOMA unha muller sorda pero que se facía entender moi ben coa xente a pesar da súa deficiencia. Tamén a acompañaban unhas amigas dela.
E veu para contarnos dos contos moi divertidos. Para Educación Infantil "Un cuiño independiente" e outro para Educación Primaria.
Ademáis tamén nos ensinou un cantos signos relacionados cos contos e uns vídeos e diapositivas sobre a integración dos sordos nas tarefas mási cotiás da vida e do cole:
* “Ambientación do Centro”
Para decorar os pasillos de acceso a Biblioteca e as escaleiras do primeiro andar, decidimos realizar figuran xigantes de personaxes da literatura infantil e xuvenil. Chegamos a un acordo e escollemos os seguintes personaxes.
1. Tin Tin,
2. o can de Tin Tin, Milú,
3. O capitán Haddock
4. Gerónimo Stilton
5. Kika Superbruxa
6. Asterix
7. Obelix
8. Carlos e Pili: 2 personaxes da familia Os Bolechas.
E mirade que bonito quedou:
* “Marcapáxinas”
Tamén realizamos uns marcapáxinas personalizados.
Cada persoa decorou el seu libremente e escribiu nel unha frase sobre a lectura coa data do día (23 de abril de 2010 ) e o nome do colexio.
* “O maxín das ideas”
Un caderno que se elaborou entre todo o alumnado do Centro. Nel cada neno explica o que é para el/la a lectura ou busca en distintas fontes algunha cita célebre de algún personaxe relevante relacionado co tema.
* “I Feira do Intercambio de libros”:
Intercambio de libros entre o alumnado do mesmo ciclo e entre os adultos, o obxectivo e poñer e valor e darlles vida de novo ós libros que temos moi “lidos” ou algo “esquecidos”.
* “Exposicións bibliográficas dos fondos da Biblioteca do Centro”
coincidindo coas distintas festividades ou datas destacables, na biblioteca do centro ou incluso fora da mesma organizáronse exposicións bibliográficas dos fondos existentes no Centro: O outono; Samaín; O inverno; Nadal; Día da Paz; Día dos Namorados; Semana do Libro; A arte e a música; A primavera; O verán.