Para conmemorar o Día da poesía decidimos, en colaboración co EDLG, darlle un "novo aire" ao Taboleiro da Lingua. Propuxemos a todos os titores que seguiran traballando sobre Rosalía de Castro, aproveitando que xa lle adicaramos o Dia Internacional da Muller (8 de Marzo) e que, recentemente se celebrou o 179 aniversario do seu nacemento.
Unha das obras que máis entusiasmou aos nosos pequenos foi Adiós ríos, adiós fontes!; obra musicada e versionada por tantos artistas que chegou aos nosos alumnos en versión máis clásica grazas a Amancio Prada, versión rock da man de Astarot e incluso, con ritmos latinos de man da orquestra Charleston.
Algúns alumnos/as de Educación Infantil foron polas aulas deleitando aos seus compañeiros/as co recitado dalgunhas das estrofas de tan coñecido poema. Daba gusto escoitalos!!!
Por outra banda, os alumnos/as de 1º e 2º de EP aproveitaron para escribir e ilustrar algunhas das estrofas desta obra. Pasárono moi ben, encantoulles a actividade e aquí vos deixamos un pequeno avance do seu traballo. Esperamos que vos guste! :-)
A semana pasada demos a benvida ao mes de marzo e esta semana, queremos aproveitar para darvos a benvida a unha nova etapa do noso blog. Volvemos con moitas ganas e co compromiso de mostrarvos parte do noso traballo.
Mostrarémosvos principalmente actividades realizadas neste curso pero intercalaremos tamén algún post con parte dos traballos que fixemos ao longo destes últimos cursos (traballos enmarcados dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares).
Esperamos que vos guste o que facemos e que o disfrutedes con nós.
Estade atentos ás novas entradas do blog!!! ;-)
O Sabor da aventura está no mar
Este curso, participamos todo o cole, no plan proxecta, Aliménta-T ben. Grazas a el, puidemos participar no obradoiro, O sabor da aventura está no mar, no que nos mostraban e achegaban, a importancia do consumo dos produtos do mar.
Viñeron visitarnos ao noso cole uns mariñeiros moi especiais e divertidos, que nos facían ver, a importancia de comer peixe e dos diferentes clases que hai. Fixemos xogos, probas,... acerca do mar, e unha vez superadas, déronnos os nosos carnés de mariñeiros. Foi moi divertido!!!

Como o prometido é deuda, aquí vos deixamos algunha imaxe da visita de Fina Casalderrey. Os alumnos de 3º Ciclo fixeron un libro xigante no que, con textos e imaxes, plasmaron a súa vida e a súa obra. Foi un xesto que a ela lle agradou moito. Ver, na entrada do cole, un libro titulado A historia de Fina; na biblioteca, unha pantalla que mostraba aos alumnos de 2º e 3º Ciclo formando o seu nome con letras de cores, na pizarra esas mesmas letras para recibila,…para ela foi un gran abrazo de benvida e quedou moi agradecida. Nós tamén agradecemos a súa visita e os momentos tan agradables que nos fixo vivir. Non nos chegou o tempo a nada pero, antes de marchar, agasallounos cunha bonita adicatoria no noso novo Libro de visitas. Tamén nos asinou os exemplares que os nosos alumnos/as teñen dalgúns dos seus libros. E non o fixo cun boli calquera, fíxoo cunha pluma de ouro que ten un significado moi especial para ela!!! Grazas pola maxia que nos transmitiches!

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro con diversas actividades. Na Hora de ler xuntámonos todos para mostrar as nosas obras; obras enmarcadas dentro da actividade Cociñando contos, na que estivemos traballando para participar na Semana do Libro e da Lectura de Carballo. Os alumnos/as de 5º EP presentáronnos o seu Asado de Poemas, os/as de 3º EP o seu Revolto de Adiviñas e os/as de 5º EI deleitáronnos cun delicioso postre, un Conto Xeado! Para rematar, cantamos a canción O Libro que estiveron preparando coa profe de música e con axuda dos/as titores/as. Pasámolo xenial!!! Aproveitamos tamén para agasallar aos nosos/as alumnos/as cun marcalecturas e unha chapa que fan referencia a Ler Ciencia na Biblioteca Escolar.