FESTA DE SAMAÍN

FESTA DO SAMAÍN/HALLOWEEN NO CENTRO

Como viñemos anunciando en días anteriores, celebramos a festa do Samaín o día os días 29, 30 e 31 con diversas actividades que xa fomos relatando.

Velaquí as imaxes máis destacadas da festa e do concurso de cabazas celebrados o día 31 de outubro:

Estes alumnos foron os premiados polas mellores cabazas:

Iker Vázquez pola cabaza máis terrorífica!!! E Carlos Arantón pola cabaza máis orixinal!!! Noraboa ós dous!!!

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA SAMAÍN

Con motivo da celebración da festa do Samaín queremos recomendarvos algunhas lecturas moi interesantes para gozar destes días de festa:

3 DÍAS DE CELEBRACIÓN DO SAMAÍN&ALL HALLOWS´EVE

3 DÍAS DE CELEBRACIÓN DO SAMAÍN&ALL HALLOWS´EVE NO CENTRO

Con motivo da celebración da festa do Samaín ou Halloween (véspera de Todos os Santos), imos celebrar diversas actividades para conmemorar esta festa. Podes ver o resultado das mesmas no blog da biblioteca. Que pasedes unha boa ponte festiva and Happy Halloween!!!

O CEIP Gándara Sofán xa está engalanado para conmemorar esta data:

Mañá terá lugar a festa de celebración chea de disfraces terroríficos, actuacións musicais e o concurso de cabazas. Recordade que levarán premio-sorpresa as dúas cabazas gañadoras na categoría de cabaza máis terrorífica e cabaza máis orixinal. Sorte a todos e todas!!!

DÍAS DE SAMAÍN & ALL HALLOWS´S EVEN

2ª XORNADA DE CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Hoxe martes, levamos a cabo unha actividade moi interesante, divertida e creativa da man do Plan Proxecta, no que o noso centro está a participar dende hai varios anos. A actividade Educachef permitiu ao noso alumnado crear un prato moi especial relacionado cun personaxe típico desta festa: A Bruxa!!! O resultado foi delicioso:

 

DÍAS DE SAMAÍN & ALL HALLOWS´S EVEN

3 DÍAS DE FESTA DO SAMAÍN, HALLOWEEN

Comezamos a semana chea de actividades para conmemorar unha festa que ao noso alumnado lle encanta: O Samaín ou Halloween (véspera de Todos Os Santos).

Iniciamos as actividades cun plan lector conxunto onde visionamos unha curtametraxe de terror (titulada Os Paiasos Asasinos) e grabada polo antigo alumnado de 6º curso de Educación Primaria. Posteriormente, varios alumnos do actual 6º curso leron as súas historias de medo a todos os nenos e nenas do centro. Velaquí tedes algunhas imaxes:

 

PROXECTO BIBLIOPOEMANDO

PROXECTO BIBLIOPOEMANDO 2018/2019

Comezamos o noso segundo ano co proxecto BiblioPoemando adicado á Poesía. Con el pretendemos potenciar o interese por este xénero literario no noso alumnado. Levaremos a cabo múltiples actividades relacionadas coa temática da poesía, que iremos publicando ao longo do curso e poderedes consultar no blog da Biblioteca. Preparados??? Xa comezamos!!!

VISÍTANOS MARÍA CANOSA

LETRAS GALEGAS 2018:

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e despois de ler os libros de María Canosa titulados Muriel e A Cazadora de Estrelas, recibimos a visita da autora, que nos contou moitas cousas relacionadas coa súa paixón pola escritura e á que tamén lle fixemos unha entrevista. Ao remate da sesión firmou moitos libros!!!

DÍA DA BIBLIOTECA 24 DE OUTUBRO 2018

DÍA DA BIBLIOTECA/REFRANEANDO EN SOFÁN

Onte, 24 de outubro de 2018 celebramos o Día da Biblioteca no centro cun plan lector conxunto onde compartimos refráns típicos da nosa terra que o alumnado redactou e colgamos no noso taboleiro da lingua. Este foi o resultado: