Skip to Content

Celebracións

25 de novembro: Día internacional en contra da violencia de xénero

 

O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional en contra da Violencia de Xénero. 

Regueifa froita 6º

DÍA DA BIBLIOTECA

VIDEO 6º PRIMARIA

VIDEO 5º B PRIMARIA 

VIDEO  3º PRIMARIA 

VIDEO 1º PRIMARIA 

Día Internacional da Muller

8 de marzo de 2020

 

 

ESTRELA ROSALÍA, MARATÓN DE LECTURA

ESTRELA ROSALÍA, MARATÓN DE LECTURA

Como xa puidestes comprobar no programa de radio adicado ao aniversario de Rosalía de Castro, celebramos un maratón de lectura dende Radio Sofán:

 

NADAL LITERARIO

Ola a tod@s,

Xa quedan menos horas para a celebración do noso Nadal Literario. Alba Mato, antiga alumna do centro, e autora do libro Adeus Chupete, fará a presentación do mesmo mañá, na biblioteca do centro, ás 13:00 horas. Ademais, contará o seu conto ó noso alumnado e comezaremos unha nova etapa de Radio Sofán, cunha entrevista radiofónica, que será realizada polo alumnado de 6º curso.

Recordade que podedes disfrutar mañá tamén da nosa Feira Do Libro. Estades tod@s invitados

 

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

25 de novembro de 2019

 

Esta mañá manifestamos o noso rexeitamento á violencia machista no Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O grupo de 3º, xunto co resto do alumnado do centro, cantamos "Que non mo neguen" (As Tanxugueiras), visualizamos e reflexionamos sobre o conto "Artur e Clementina" (maltrato psicolóxico) e recibimos agasallos do concello baixo o lema "Carballo en negro".

 

 

 

 

Descubrimos os dereitos da infancia

20 de novembro de 2019

 

As Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959. Trinta anos despois logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno e o seu cumprimento pasou a ser obrigatorio para todos os países que o asinaron. Este ano celebramos, polo tanto, o 30 aniversario da referida convención.

 

Campionato de peón e Magosto

8 de novembro de 2019

 

A xornada de hoxe foi de celebracións: o Campionato de Peón e o Magosto. O noso compañeiro Nico Muíño foi o que máis tempo conseguiu bailar o seu peón e representou ao grupo de 3º de Primaria na gran final. Despois degustamos unhas saborosísimas castañas asadas e sobrounos tempo para xogar e bailar. Let's rock!

 

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, elaboramos unha exposición na que investigamos en torno á problemática do cambio climático no planeta.

Asimesmo investigamos sobre Greta Thunberg e outras rapazas que loitan por conseguir que se frene o ritmo tan acelerado de contaminación que a Terra está a sufrir.

Ademais do programa de radio que xa publicamos hai uns días, realizamos diferentes actividades para conmemorar esta data, tales coma o traballo de investigación e exposición previamente mencionado e unha canción adicada ó clima: SING FOR THE CLIMATE.

Aquí tedes algunha das imaxes da exposición.

Distribuir contido


by Dr. Radut