Xa está aquí a revista máis esperada do CEIP Gándara-Sofán. Se queredes enterarvos de todas as noticias relacionadas co noso centro ou cos arredores, das entrevistas máis destacadas, das recomendacións literarias e culturais, os pasatempos e retos máis divertidos, e incluso do voso horóscopo mensual contado polos mellores reporteiros da volta, non vos perdades Sofán News!!! Cada mes sairá a luz un novo número!
Velaquí unha mostra de como transcorreu a xornada:
Hoxe celebrouse o acto de presentación do libro "Adeus Chupete" de Alba Mato Souto, exalumna do Ceip Gándara Sofán, presentou e explicou aos alumnos de 5º e 6º de Primaria o porque da publicación deste libro e como foi posible. Tamén acudiron ao acto que tivo lugar na Biblioteca do centro ás 13:00 horas, membros da comunidade educativa do Gándara Sofán (nais, mestres e alumnos).
Logo de contarnos moitas cousas e contestar todas as preguntas que lle fixeron e que foron moitas, fixéronlle unha entrevista na Radio Sofán, que xa podedes escoitar na nosa canle de ivoox:
Recordade que podedes disfrutar mañá tamén da nosa Feira Do Libro. Estades tod@s invitados
Agora admirade esta terrorífica colección de imaxes!!!
4
Así que a desfrutar co MALAXENTE!!!