Actividades de animación á lectura 2009-10
* “Ambientación do Centro”
Para decorar os pasillos de acceso a Biblioteca e as escaleiras do primeiro andar, decidimos realizar figuran xigantes de personaxes da literatura infantil e xuvenil. Chegamos a un acordo e escollemos os seguintes personaxes.
1. Tin Tin,
2. o can de Tin Tin, Milú,
3. O capitán Haddock
4. Gerónimo Stilton
5. Kika Superbruxa
6. Asterix
7. Obelix
8. Carlos e Pili: 2 personaxes da familia Os Bolechas.
E mirade que bonito quedou:
* “Marcapáxinas”
Tamén realizamos uns marcapáxinas personalizados.
Cada persoa decorou el seu libremente e escribiu nel unha frase sobre a lectura coa data do día (23 de abril de 2010 ) e o nome do colexio.
* “O maxín das ideas”
Un caderno que se elaborou entre todo o alumnado do Centro. Nel cada neno explica o que é para el/la a lectura ou busca en distintas fontes algunha cita célebre de algún personaxe relevante relacionado co tema.
* “I Feira do Intercambio de libros”:
Intercambio de libros entre o alumnado do mesmo ciclo e entre os adultos, o obxectivo e poñer e valor e darlles vida de novo ós libros que temos moi “lidos” ou algo “esquecidos”.
* “Exposicións bibliográficas dos fondos da Biblioteca do Centro”
coincidindo coas distintas festividades ou datas destacables, na biblioteca do centro ou incluso fora da mesma organizáronse exposicións bibliográficas dos fondos existentes no Centro: O outono; Samaín; O inverno; Nadal; Día da Paz; Día dos Namorados; Semana do Libro; A arte e a música; A primavera; O verán.