A Marela mandanos unha tarefa a levar a cabo por todos os nenos e nenas que participamos neste proxecto... Á orden Xefa!!!
Paisaxe
TALLER DE LITERATURA EN 3º NIVEL
Literatura é o conxunto de textos literarios de todo tipo: poemas, teatro, narracións, adiviñas, cancións, ...
Nós queremos ser LITERATOS por iso decidimos facer un taller de literatura para crear moitos textos e de diferentes tipos.
Imos poñendo exemplos dos que fixemos por grupos:
CONTO/NARRACIÓN
TEATRO
Os nenos e nenas de 3º A
XORNADA DIVULGACIÓN PLAN PROXECTA
Esta semana témola adicada a Xornada de Divulgación a toda a Comunidade Educativa das actividades feitas no Plan Proxecta en dous lugares do centro, no hall e na biblioteca.
No hall a exposición de xogos e na biblioteca o visionado da curtametraxe "A vaca Marela"...
Xa viñeron algúns pais e a maioria do profesorado e alumnado...agardamos máis visitas...
Descubrimos as nosas paisaxes!!
Os nenos e as nenas de primeiro de Primaria estudiaron as diferentes paisaxes e as súas características...
Se queredes descubrir con eles as nosas paisaxes, aquí tedes este xogo...
Viaxe fin de curso
Xa fomos e xa viñemos da viaxe de fin de curso á Comunidade veciña, Asturias.
Vimos unhas fermosas paisaxes de costa bañadas polo mar Cantábrico e de montaña nos Picos de Europa e arredores.
Pasámolo moi ben e felicitáronnos polo bo comportamento na Posada del Monasterio, o albergue onde estivemos.
Tapia de Casariego |
Tapia de Casariego |
Tapia de Casariego |
Playa de La Griega- Colunga |
Río Sella |
Río Sella |
Picos de Europa |
|
|
Playa de las Catedrales- Ribadeo |
ELEMENTOS DESTRUCTORES DA PAISAXE
As paisaxes tamén poden ser destruídas, non só pola man do home senón tamén por outros elementos como o lume, diferentes fenómenos meterolóxicos...que queremos reflexar nestes traballos de plástica en papel de lixa, ao mesmo tempo que nós, sí, coidamos a paisaxe do cole e de fóra.
O LUME por Lucía 6ºA |
UN TSUNAMI por Iván O. 6ºA |
A DEFORESTACIÓN por Erkuden de 6ºA |
O LIXO NAS NOSAS PAISAXES por |
HORTO
Tamén foi día para plantar no horto as sementes que plantamos nós e outras que trouxemos como patacas e millo.
Foi xenial e se non o credes mirade as fotos!!!!
XARDIN DE CORES
Os nenos e nenas de 2ºB botáronlle o acolchamento ao xardín para abonalo e non deixar saír malas herbas aproveitando que Alberto, o noso conserxe, cortara o céspede.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »