3º e 4º nivel de Primaria

25 DE NOVEMBRO_COLABORACIÓN CO CIM E O IES

Mañá toca facer algo especial, onde unha nena da nosa clase nos representará así como un dos carteis coa palabra que nos tocou será elexido pra formar parte dunha gravación:

¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA?

Non hai nada mellor que un bo libro que trate o que queremos traballar!!!

Os estereotipos hai que eliminalos, facer que desaparezan e loitar polos nosos soños, independentemente de cales sexan.

En terceiro témolo claro, moi claro!!!

 

Por iso temos un consello para todos e todas vós:

Viste a túa vida de cores, cores que che gusten, cores que che fagan soñar, cores que che fagan  máis fortes e que fagan posible acadar o que te propoñas!

E empregando unha ilustración da Princesa Carlota en branco e negro para que o noso alumnado a vista como desexe, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade pensando nos novos soños e aspiracións da princesa, obtivemos este fantástico resultado:

 

 

 

 

 

SEMANA DA CIENCIA EN TERCEIRO NIVEL

A SEMANA DA CIENCIA 2020 comeza cun planning moi interesante:

 

 

DISFRUTANDO DUNHA PAISAXE OUTONAL

Os nenos e nenas  de 3º nivel vemos un raio de sol e saímos a desfrutalo. Cheiramos, sentimos, tocamos o outono!!!!

Ademáis aproveitamos para facer PLASTICA no patio: paisaxes contaminadas e sen contaminar, fuel manchando océanos e mares, paisaxes máxicas de Among US.

 

   

 

 

MUSEO AO MIÚDO

Este ano como non podemos ir de excursións aos MUSEOS, traemos os museos ao cole. Este trimestre tiñamos organizada unha saída ao Museo de Belas Artes de A Coruña, pero viñeron novas restricións polo COVID e tivemos que anulala. Pasados os dias recibimos unha grande sorpresa, participar nun proxecto con Laura e Sara, as educadoras deste museo:

 

 

 Hoxe xa empezamos a investigar sobre este museo: onde está, quen o deseñou, número de salas, exposicións... que deixamos reflexado nestes fermosos debuxos do museo ao miúdo:

Decidiuse a edificación dun novo museo moi preto de onde estaba o antigo. O encargo recaeu no prestixioso arquitecto Manuel Gallego Jorreto, que conseguiu o premio Nacional de Arquitectura polo devandito edificio, finalmente inaugurado en 1995.

 

CODE DANCE 2020

Hoxe, 13 de novembro de 2020, temos xa todo preparado para a posta en escena da nosa CODE DANCE robótica, como unha activida innovadora dentro da CODE WEEK. Unha coreografía é unha suma de eventos ou movementos secuenciados e perfectamente estudados para chegar a un resultado final.

 

 

Foi un traballo en equipo escola-familia!!!

Os traxes de robot foron feitos con materiais de refugallo para contribuir ao coidado do noso planeta Terra, de feito hai robots natura, robots 3R...

#CODE WEEK DANCE ON THE ODE TO CODE

Unha actividade máis no CODE WEEK, pero esta vez algo diferente ás demais!

Tratase de programar uns fermosos robots mediante botóns que producen diferentes eventos, que xuntos formaran unha pequena coreografía CODE DANCE:

Xa empezaron a chegar os primeiros traballos, dentro do proxecto CODE IN FAMILY:

Mariña

Jorge

Noa

 

Uxía

 

 

Iago

Nuria

Diego

Paula

 

SAMAÍN e MAGOSTO NO TERCEIRO NIVEL DE EP

Esta semana toca preparar o Samaín xunto co Magosto na nosa clase.

Este ano adicarémolo a bruxas, bruxos, meigos e meigas...todos e todas preparando pócimas infinitamente máxicas.

 

 

Ao longo desta semana faremos diferentes actividades para traballar esta data de tanta tradición galega, como festa celta que indica o remate do verán e o inicio do outono, que mesturaremos co coñecido Halloween, xa que temos tamén língua inglesa e queremos mergullirnos tamén na súa cultura.

Xa vos imos contando!

Viremos disfrazados ou caracterizados ese día, xa podemos vir dende a casa ou podemos vestirnos no cole!!! De parva podemos traer, a nivel individual, unha degustación samaíntica ou de magosto, xa que polas circunstancias que nos están tocando vivir non podemos facelo doutra maneira. 

Pero celebrámolo e quedámonos con iso!!!!!

Ademáis dos contidos propios destas datas traballados na aula: Magosto e  Samaín ...dunha maneira interdisciplinar decoramos e ambientamos a clase ademáis de elexir melodías e coreografía axeitadas...unha das mellores a de Michael Jackson sen dúbida. Peron non queremos deixar a experiencia do TEATRO DE SOMBRAS:

Verdadeiras obras de teatro levadas a gran estrea na clase, pero aínda quedan moitas por representar xa que somos 24 a traballar de maneira individual, levendo a cabo todo o traballo da montaxe en escena 

Os intres tremendamente especiais quedaron reflexados  nestas imaxes, ainda sendo unha celebración moi estrana marcada polo COVID:

 

E ademáis unha merenda fantástica moi relacionada co tema grazas a colobaoración das familias:

 

 

 

 

CODE WEEK...SEGUIMOS NO 3º NIVEL

Seguimos na CODE WEEK, esta vez co ordenador nunha aplicación que nos permite ir máis aló nos coñecementos de PIXEL ART adquiridos  este curso.

Descubrimos que somos uns e unhas crack!!! Que doado nos pareceu!!!!

 

 

AS MEIGUIÑAS E MEIGUIÑOS DO TERCEIRO NIEL

Seguimos coa decoración e traballos samaínticos!!!

Este curso van a ser os verdadeiros protagonistas da nosa celebración dentro da aula, BRUXAS e BRUXOS que van facer intres especias neste ano tan duro e distinto que nos toca vivir.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet