SEMENTEIRA 20. MESTRA DE OBRA en 2ºB

Tivemos a gran sorte de que nos concederan unha SEMENTEIRA do Proxecto Terra  para vir ao noso cole, concretamente a Sementeira 20 titulada MESTRA DE OBRA. Traballaremos da man dun equipo dirixido por Tono Mejuto do Sistema Lupo este venres 20 de outubro na nosa aula a partir das 10:00 horas.

Para ver a ficha do obradoiro preme aquí

A actividade tiña duas partes moi claras:

  • PARTE 1: A cosntrucción dunha cidade nunha zona inhóspita preto do mar e cun río
  • PARTE 2: A distribución do noso patio do colexio, paoa poñeñelo dacordo dos nosos gustos e necesidades.

Na primeira parte foi incrible o que fomos capaces de facer: unha cidade dende o seus inicos na época romana nunha zona costeira.

Foi, por orde cronolóxica, o de ir aparecendo dende a nada ata unha gran cidade con todos os servizos e industrias ben comunicadas. 

  

Na segunda parte partimos do plano a vista de paxaro  que buscamos en google maps  e montamos con cinta carrocera o patio do cole que queremos rediseñar:

Que como tarefa debemos deseñar despois das diferentes opcións que nos surxiron na asemblea. Como vedes faltounos tempo TODA A MAÑÁ TRABALLANDO!

 

AdxuntoTamaño
Sementeiras 23-24_Fichas_Sementeira 20. Mestra de obra.pdf302.74 KB

Powered by Drupal - Design by artinet