SETIMO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA, en 1º B

Xa imos polo sétimo reto proposto polas educadoras do museo, esta vez para traballar o CICLO DA AUGA nas obras de arte do museo.

O ciclo da auga, tamén coñecido como o ciclo hidrolóxico, é o proceso de transformación e circulación de auga na Terra. O ciclo da auga consiste no traslado da auga dun lugar a outro e os seus cambios de estado físico: líquido, gaseoso e sólido. Este estado varía según as condicións ambientais.

A auga da Terra pode estar en tres estados:

- Estado líquido: mares, ríos ou lagoas

- Estado sólido: glaciares e montañas

- Estado gaseoso: nubes

   

 

A partir de aquí imos a estudar obras que presentan dalgún modo a auga en calquera dos tres estados que mencionamos:

Manuel Abelenda, Sinfonía de verdes de Redondela

Seijo Rubio, Atardecer na Ría  de Pasaxe

 Francisco Lloréns, Brañas

 Ovidio Murguía, Sierra de Guadarrama

Luis Seoane, Mar e rochas 

 

Souto Cuero, Cañotas

Luís Seoane, Paisaxe con árbores

En todos eles aparece a auga, por orden: 

  • Unha lagoa está rodeada de árbores, ao lonxe vemos unhas montañas pouco definidas. O ceo está algo nubrado. A paisaxe parece estar en brétema, cubrindo toda a natureza e conferíndolle á obra unha atmósfera moi especial.
  • Unha paisaxe marítima, da ría do Pasaxe, próxima á cidade da Coruña. A marea está baixa porque cerca de nós aparece un embarcadoiro cos botes varados na area. Podemos ver as áncoras e os remos, e un caseto ao fondo no que se gardan outros materiais de pesca. Na praia, pintadas en pequeno tamaño, hai unhas mulleres mariscando, recollendo ameixas, berberechos, navallas… que extraen da area. No lado esquerdo hai un monte cheo de árbores enmarcando a obra, semellan piñeiros. Máis lonxe, ao fondo, aparece unha pequena vila cun grupo de casas e unha igrexa, case agochada detrás do piñeiral. Predomina a cor verde e as tonalidades escuras.
  • Campos, montañas e árbores en varias tonalidades de verde. Unha braña é un terreo húmido, e Lloréns quixo representalo aquí. Non aparece choiva, nin ríos, nin auga, pero as cores verdes intesas e a paisaxe borrosa sitúanos nun lugar onde a auga ten importancia.
  • Serra de Guadarrama. No primeiro plano aparece unha montaña marrón, sen apenas vexetación nin árbores. No fondo levántase a montaña máis alta, que toca o ceo azul con algunha nube. Aínda que non o pareza debeu nevar fai pouco, porque o cumio está cheo de xeo.
  • Unha mariña na que observamos a bravura do mar atlántico con esas liñas sinuosas que representan as ondas do mar e o seu movemento. O bater de ditas ondas represéntase coa cor branca da espuma do mar. No centro vemos dúas grandes rochas marróns. Represéntase tamén a liña do horizonte que divide o mar do ceo; un ceo de cor violeta que nos fai pensar nos últimos raios do sol antes da chegada da noite.
  • Cerca de dúas cañotas, que son árbores de moitos anos, con marcas e formas que sinalan o paso do tempoNo medio do tronco ábrese un gran oco, que utilizan como fogar os animais e bichiños que viven no campo. O artista emprega diferentes tonalidades de marrón e verde; as follas da copa son verde escuro, que se poñen marróns ao caeres ao chan. Nun verde máis claro pinta o musgo, que se extende de abaixo a arriba do tronco. A relación entre as árbores e a auga é indispensable para a vida do planeta. as copas das árbores serven para recolectar a maior cantidad de choiva posible, que desliza entre as follas, as polas e o tronco ata alcanzar o chan, humedecéndoo para protexelo contra a erosión e para nutrir á propia árbore. A auga infíltrase ata as raíces servindo para nutrir toda vexetación.
  • Unha paisaxe con árbores. Sobre un fondo de cor laranza, violeta, verde, vermello e azul sitúa libremente os troncos (representados como rectángulos verticais moi longos) e as copas das árbores (representadas mediante círculos e/ou óvalos) pintados con liñas negras.

 ACTIVIDADE 1: O CICLO DA AUGA E O SEU ESTADO

Atardecer na Ría da Pasaxe de Seijo Rubio, Brañas de Francisco Lloréns, Sierra de Guadarrama de Ovidio Murguía, Cañotas de Souto Cuero e Paisaxe con árbores e Mar e Rochas de Luís Seoane son seis obras que poderían servirnos para ilustrar algúns dos fenómenos fundamentais que forman parte do ciclo da auga.

Despois de analizar o cadro Sinfonía de verdes de Redondela e relacionalo coas cinco fases do ciclo de auga vos pedimos que, de xeito oral, ubiquedes os outros cadros con respecto a esas fases (evaporación, condensación, precipitación, infiltración e escorrentía)

ACTIVIDADE 2: REPRESENTAR A CHOIVA

Galicia é un lugar extraordinario pola súa localización. Esta localización na Terra confírelle unha suavidade térmica, un ambiente húmido e abundantes precipitacións. Un dos motivos de que sexa un lugar tan chuvioso é a súa orografía; a cantidade de serras e montañas provocan ascensos de masas de aire que inflúen na cantidade de choiva.

A choiva é un fenómeno atmosférico que se inicia coa condensación do vapor de auga que conteñen as nubes. As choivas son unha parte esencial do ciclo hidrolóxico, como responsable do depósito de auga doce na terra.

En Galicia chove tanto e de xeitos tan distintos que temos un vocabulario amplísimo para denominar os distintos tipos de precipitación:

Arroiada, bátega, brétema, cegoña, babuña, barruzo, borralla, chuvisca, fuscallo, saraiba, pedrazo, pedrazo, torva, néboa, zarrazina, froallo, lapiñeira, parrumada, poalla, treixada, xistra…

Para isto propóñennos facer unha representación ou cadro da choiva e/ou mural cos nomes da choiva...

Agardade polo resultado!

Powered by Drupal - Design by artinet