SEXTO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA, en 1º B

Seguimos traballando coas propostas das nosas educadoras preferidas, Laura, Sara e Clara. 

O mar e as embarcacións para viaxar ou traballar neste medio como protagonistas das obras a estudar neste reto: Urbano Lugrís, David Roberts...

Nesta ocasión partimos da obra Urbano Lugrís, un mural rescatado e restaurada que pendura dun lugar moi importante do museo titulado Vista de A Coruña. Lugrís non se trata dunha vista realista, senón que representou como se imaxinaba que sería o aspecto da cidade en 1830, moito antes de nacer o autor.

 

Comezamos coa obra de David Roberts, Venecia. O gran canal. Neste pequeno cadro vemos unha fermosa vista de Venecia. Venecia é unha cidade que se atopa no noreste de Italia. O seu centro histórico está situado nun conxunto de illas na lagoa de Venecia, ao norte do mar Adriático. O particular da súa ubicación e o seu enorme e interesante patrimonio monumental e artístico convertiron a Venecia nun dos destinos  turísticos máis populares do mundo.

Esta obra encádrase dentro do que chamamos “vedutismo”. Son cadros, de tamaño mediano ou pequeno, que representan unha vista dos lugares máis típicos da cidade. Ás veces aparece neles a figura humana, pero se o fai é de xeito anecdótico nun tamaño minúsculo.


Neste reto proponse unha única ACTIVIDADE: UN RECORDO DE ARZÚA

O que nos piden neste exercicio é que, inspirándonos nas obras que nos acaban  de presentar da colección do museo, representemos a nosa vila ou lugar preferido como se dunha postal se tratara.

Nunha postal temos un anverso e un reverso. No anverso vai a imaxe representativa que se quere amosar e no reverso escribimos o texto e o enderezo da persoa á que vai dirixida.

As postais adoitan amosar aquel lugar máis senlleiro ou característico dun lugar.

Urbano Lugrís na súa Vista da Coruña representou a cidade dun xeito moi persoal, imaxinando de xeito idealizado como podía ter sido A Coruña antes de que el nacera. Podemos representar un recuncho de Arzúa no tempo actual, pero tamén podemos representalo tal e como imaxinemos que era no pasado ou será no futuro. Lembrar que a auga é o tema deste proxecto, e algo moi importante na nosa contorna, polo que sería interesante que (como nos dous exemplos do museo) fora a protagonista da nosa imaxe, aínda que tamén podemos incluir lugares fermosos da vila: Arzúa

E quen se anime pode escribir un pequeno texto que fale das cousas fermosas da nosa vila para convencer a quen o lea de que vale a pena visitar Arzúa.

 

Powered by Drupal - Design by artinet