QUINTO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA, en 1ºB

Recén comezado o terceiro trimestre recibimos outro reto por parte das nosas educadoras, Laura, Sara e Clara. Agora partiremos do mar e o traballo nel, fonte de inspiración para moitos cadros do museo. A súa incríble fermosura, a súa natureza cambiante e os seus atributos expresivos e poéticos inspiraron a moitísimos pintores e pintoras. Os cadros onde vemos representado o mar como protagonista chámanse mariñas. O feito de que os cadros co mar teñan un nome de seu xa nos indica a súa importancia ao longo do tempo. No Museo, ademais de ter moitas obras nas que o mar é o protagonista, temos tamén obras que ilustran a vida tradicional galega entorno ao mar; especialmente todos aqueles oficios e labores vencelladas a vida pesqueira. Na Galicia atlántica, as vilas costeiras vivían case en exclusiva do mar e aínda a día de hoxe moitos destes pobos continúan sendo eminentemente mariñeiras. Non é así de estranar que os habitantes destes lugares teñan traballado e traballen na pesca ou en labores vencelladasá mesma. Pescantinas, mariñeiros, mariscadoras, redeiras, bateeiros, armadores, e os obreiros e obreiras que traballan na industria conserveiraou nos asteleiros.

No Museo podemos descubrir algúns oficios do mar a través dos cadros que pendurannas distintas salas.

Mariñeiro de Modesto Brocos 

 

As mariscadoras de Luís Seoane

 

Recollendo a rede de Julio Prieto Nespereira

O novo reto consiste en tres tarefas:

 

  • DANDO COR ÁS MARISCADORAS

Como comentamos á hora de describir o proceso creativo de Luís Seoane, este artista primeiro coloreaba e despois debuxaba as liñas que delimitan as súas figuras. Baleiramos as cores do cadro para que lle deades cor. Dese xeito, traballaremos á inversa: Luís Seoane debuxaás mariscadoras e vós as coloreades.

  • FACÉNDONOS PREGUNTAS SOBRE MARIÑEIRO

Cando observamos unha obra de arte adoitamos facernos numerosas preguntas entorno a ela, ás veces, inevitablemente, a nosa imaxinación se desata e creamos historias inventadas sobre o que estamos a ver representado.

Ollade a obra Mariñeiro de Modesto Brocos. Entre todos e todas facédevos as seguintes preguntas:

- Hai alguén no cadro? Quen é? Onde está?

- Se puideramos preguntarlle algo ao personaxe do cadro de que falaríamos? Que lle preguntaríamos?

- Como pensades que é o caracter do home representado en Mariñeiro?

- Que cres que está a facer este home?

- Que momento do día e do ano podería ser?

- Coñecedes algún lugar semellante ao que vemos no cadro?

- Imaxínate que estás dentro do cadro. Como se está aí (frío, calor)? A que cheira?

- Cambiarías algo de lugar? Meterías algo dentro do cadro?

  • CREAR UNHA HISTORIA PARA UN CADRO

Aquí temos a Ramón, de costas, pensativo. Ramón é mariñeiro; un deses mariñeiros que pasan media vida en altamar. Ás súas mans ásperas están afeitas ao sol e a auga salgada. As súas mans morenas saben facer todo tipo de nós e teñen capturado toda clase de seres mariños. Atopámolo nas rochas, fronte ao mar, mirando o horizonte. Vai moi abrigado mais parece que fai calor. Que estará a pensar Ramón?

 Cando non está embarcado síntese raro. Bota de menos o vaivén do barco! Cando está embarcado síntese tamén raro. Bota de menos sentir os pés na terra. Observando o alén pensa en sereas, cunchas, buguinas e polvos. Bota contas de cantos días lle faltan para se embarcar.

Powered by Drupal - Design by artinet