O Equipo de Biblioteca quere agradecerlle a este grupo de 10 nenas e nenos de 5º de E.P. o seu labor de compromiso e colaboración coa biblioteca do cole. Estas alumnas e alumnos participaron no programa de "Bibliotecas Escolares Solidarias" que promove o voluntariado cultural relacionado coas bibliotecas escolares e a lectura.Unha iniciativa moi interesante porque forma aos nosos nenos e nenas en actitudes de solidariedade e compromiso co seu entorno máis próximo.
A actividade principal dos biblioaxudantes centrouse este curso nos contacontos ao alumnado de Educación Infantil; actividade que lles esixe certo esforzo e renuncia pero que tamén lles deu moitas satisfaccións e lles reportou un enriquecemento persoal.
O alumnado colaborador da Biblioteca tamén veu recoñecido o seu traballo cun Diploma outorgado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e recibiu ademais uns pequenos agasallos que buscaban agradecer o seu esforzo e a súa entrega.
Grazas polo voso labor xeneroso e altruísta.Esperamos que fose unha experiencia positiva e que contribuíse ao voso crecemento persoal.
MOITAS GRAZAS E FELIZ VERÁN!