Dentro das actividades organizadas para o alumnado do 3º nivel de Educación Primaria, o dia 2 de xuño, mércores a partires das 12:00 horas da máñá veu Diego Horschovski, Grao en Filosofía (USC), organizador de Poesía e Microrrelato Compostela, Filosofía a Pé de Rúa e Poetry Slam Compostela, para impartir un OBRADOIRO DE FILOSOFÍA.
Nos Obradoiros de Filosofía para nenos e nenas, o que buscamos é que o alumnado teña unha participación na que poda desenvolver o seu pensamento crítico. Neste sentido, buscamos o desenvolvemento do pensamento creativo (búsqueda de solucións), no pensamento coidadoso (argumentacións), e do pensamento cooperativo (comunidade filosófica). As actividades do Obradoiro de Filosofía para nenos e nenas tamén inclúen xogos con imaxes e palabras buscando que cada quen poda dar a súa opinión e reflexionar sobre distintas situacións que se lles plantexa.
Os obradoiros son uns encontros interactivos nos que o alumnado ten unha participación tanto a nivel de debate como práctica con xogos.
Esta actividade foi finalmente costeada na súa totalidade pola ANPA O FORMENTO
Empezamos así
Seguimos así
E logo as nosas interpretacións: