O venres 14 de maio asistimos a unha versión curta dunha obra de teatro no colexio, basada no libro de CARABELA de Paula Carballeira, dentro das actividades programadas na Semana das Letras Galegas
Trata da historia de Carabela, a cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico, onde está soa e rodeada de peixes mutantes que a advirten que son tóxicos, de paxaros que tamén se queixan por comer substancias nocivas… Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de Plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. A autora lánzanos unha mensaxe sobre a importancia de que coidemos o noso medio ambiente e recórdanos que planeta non temos máis ca un.
E, como parte final, aproveitamos ao chegar á clase para facer unha pequena asemblea onde repasamos contidos sobre a contaminación dos océanos, as consecuencias desa contaminación, a necesidade de eliminar ou reducir o uso do plástico...nunha palabra deixar de CONTAMINAR e COIDAR o. noso Planeta Terra para que non pase o do conto!!!
Ademais de facer uns debuxos para lembrar o momento do espectáculo, que non nos chegou a nada...quixeramos saber máis, a versión longa!!!!
Tamén a semana pasada, concretamente o luns 3 de maio, asistimos ao concerto de MAMÁ CABRA no patio do cole cos seu espectáculo PATRIMONIO NATURAL: