Os Reis Magos trouxéronnos un LAPIS 3D para empezar con diferentes proxectos de IMPRESIÓN 3D, unha parte da robótica que tiñamos pendente ...pero claro empezamos a pequena escala.
Deixaron ese paquete para nós xunto cunha notiña dicíndonos que nos portamos moi ben e que estamos cumprindo as normas impostas pola situación COVID de maneira moi responsable.
Hoxe na clase estivemos formándonos e investigando sobre este novo material para experimentar e crear. Decidimos empezar por coñecer o material que imos a empregar:
- Lapis 3D
- Filamentos PLA ou ABS de cores variadas.
Tamén decidimos empezar por deseños de pequeno tamaño: uns chaveiros de deseño propio, polo que mañá toca facer os bocetos de cada neno/a e poñernos man á obra.